A ria e nosa e non de REGANOSA

domingo, 28 de outubro de 2007

Burla Negra organiza o domingo 28 de outubro en Mugardos, acto de solidariedade na loita contra REGANOSA

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 25 de outubro de 2007 18:19
Asunto: Actuación domingo 28 concello Mugardos



O vindeiro domingo día 28 de Outubro ás 18:30, no concello de Mugardos, actuarán, en solidariedade cos veciños pechados en protesta da localización da planta de gas de REGANOSA no interior da ría de Ferrol, BURLA NEGRA.

[Clicar acima do cartaz para ampliar]

Invitámosvos a tod@s a gozar con estes artistas que solidariamente acoden a apoiar a nosa causa.

VENCEREMOS !

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
________________

quarta-feira, 24 de outubro de 2007

A veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos porque REGANOSA ameaza a súa seguridade e as súas vidas, emite un comunicado no 3º mes de encerro

COMUNICADO DE PRENSA CON MOTIVO DO TERCEIRO MES DE PECHE NA CASA DO CONCELLO DE MUGARDOS

Con motivo do terceiro mes de peche no concello de Mugardos por parte das veciñas e veciños afectados pola localización da Planta de Gas Natural Licuado de REGANOSA no interior da ría de Ferrol, queremos mostrar a nosa máis enérxica protesta pola falta de interese que, desde a Xunta de Galicia estase tendo para connosco xa que, a día de hoxe, non houbo ningún movimento de achegamento por parte do bipartito que goberna Galiza con respecto ás entrevistas pedidas por este colectivo que tan exemplar e cívicamente está levando a cabo o peche.

Por outra banda dicir que houbo un comportamento totalmente diferente por parte dos organismos estatais dependentes do Ministerio de Industria, quen realmente teñen competencia para a autorización definitiva. Destes últimos se podemos dicir que canto menos, atenderon e escoitado as nosas peticións en diferentes reunións así como en varias conversacións telefónicas, dándonos unha idea moito máis positiva do seu interese puntual sobre a problemática do asunto que nos compete. Conversacións, por outra banda, enfocadas en todo momento a intercambiar información sobre os informes incompletos e os condicionados que se deron para obter a AUTORIZACIÓN ADMINISTRATIVA PREVIA do 2002 e de CONSTRUCIÓN do 2004 da xa mencionada Planta de Gas.

É por iso que, logo destes 92 días ininterrompidos de peche no concello de Mugardos esiximos, con máis forza que nunca, paralícese dunha vez por todas calquera actividade da planta de gas de REGANOSA xa que non reune as condicións para o seu funcionamento e, debido á súa localización, entre outras moitas causas, nunca poderá reunilas.

Recordar tamén que as obras ilegais hai que paralas antes de que poidan causar desastres irreversibles na sociedade.

Mugardos, 23 de outubro de 2007

PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/

segunda-feira, 22 de outubro de 2007

Tres meses de peche, actos en Mugardos e artigo en Galicia Hoxe "Reganosa, sen riscos ?"

De:Platafoorma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de outubro de 2007 20:18
Asunto: Actuación para o 23 de outubro no terceiro mes de peche e artigo no xornal Galicia Hoxe


Benqueridas amigas e amigos:

Como xa todos saberedes, o día 23 de Outubro o grupo de veciños pechados no concello de Mugardos cumpriremos 3 meses desde aquel 23 de Xullo que decidimos deste xeito, protestar contra a ABERRACIÓN que representa a ubicación da Planta de Gas Natural Licuado da empresa REGANOSA no interior da ría de Ferrol.

A nosa loita sería infinitamente máis pesada sen a colaboración de todos e cada un de vós que tanto en persoa como por teléfono como por correo electrónico, artigos de prensas, ou por calquera outro medio de comucación, sempre tivestes algunha palabra de ánimo e sentistes este peche como o voso propio.

É por iso que o vindeiro martes día 23 de Outubro invitámosvos a que veñades polo concello de Mugardos onde teremos preparadas algunhas actuacións que, ó igual que a vosa presenza, vannos a dar ese soplo de aire fresco y esa mostra de solidariedade para poder continuar.

A día de hoxe non temos aínda rematado o cartel de actuacións, pero no que queda de semana farémovolo saber para que, así vós podades elixir o mellor momento para achegarvos ata aquí.

Temos razón e temos que demostralo, temos o apoio da xente que vai un pouco máis aló do comentario mezquino dos necios ignorantes e nolo estades demostrando día a día co voso agarimo, imos gañar e entre todos conseguirémolo.

¡¡¡ GRAZAS !!!

VENCEREMOS
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA
A RÍA É NOSA E NON DE REGANOSA

[Clicar acima do cartaz para ampliar]

ACTUACIÓN NO CONCELLO DE MUGARDOS CON MOTIVO DO TERCEIRO MES DE PECHE

O martes día 23 de outubro ás 19:30 horas, actuarán Fran Rey ao piano e Germán Lamas, voz e Luis Cuba no baixo, solidarizándose deste xeito cos veciños e veciñas pechadas desde hai xa 3 meses no concello de Mugardos, en protesta pola localización da planta de gas de REGANOSA no interior da ría de Ferrol.

Agradecendo a todos e todas a vosa presenza enviámosvos un cordial saúdo.

VENCEREMOS PLANTA DA GAS FORA DA RÍA

Tamén leer a reportaxen que transcribimos máis abaixo, publicado no xornal Galicia Hoxe o domigo 21 de outubro de 2007.

grazas, unha aperta

PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
______________


Mugardos
Reganosa, sen riscos ?

Os expertos desdín a empresa e recoñecen que os buques poderían ter problemas para saír en caso de emerxencia porque a entrada da ría é estreita e o calado limitado

REDACCIÓN . SANTIAGO 21.10.2007

Entrada dun buque gaseiro á planta regasificadora de Reganosa en Mugardos, na comarca de Ferrolterra FOTO: Kiko Delgado



Nos últimos meses a planta regasificadora de Mugardos sementou a polémica. E hai só cuestión de días as discrepancias en torno a Reganosa avivárona aínda máis se cabe.

Os medios galegos trasladáronlle á cidadanía un informe de seguridade que Reganosa lle entregou a Industria no que indicaba "a probabilidade coa que traballamos de que suceda un accidente grave é dunha nun millón de anos", sentenciaba a responsable de Seguridade e Medio Ambiente, Paula Pieroni, quen sinalou que a planta regasificadora xa implementou as medidas de seguridade necesarias para actuar.

Para verificar este sorprendente dato, Galicia Hoxe contactou cun inspector marítimo encargado de controlar a seguridade de todos os barcos e, entre eles, dos gaseiros.

O experto declara que na teoría un buque destas características non ten practicamente ningún perigo, sempre que cumpra as condicións que se lle esixen. É dicir, "se se traballa baixo unhas condicións normais, non ten porque pasar nada". Con todo, recoñece que o único inconveniente que presentan este tipo de buques xorde cando se descargan, non antes. "O risco de que haxa un rebentón está máis vixente cando os tanques están baleiros ou da metade para abaixo polo gas que queda dentro destes".

Despois de todas estas declaracións, o inspector marítimo confesa que "o risco en si non sería tan grave". Refírese ó porto de Ferrol, do que recoñece que ten unha entrada abondo estreita e un calado limitado. Continúa explicando que en caso de emerxencia o buque tería problemas para saír. E precisamente para evitar ese problema, a Capitanía Marítima de Ferrol pensou nunha alternativa que consiste en "ter preparado un remolque a proa e outro a popa, de modo que se hai algún accidente se achegaría un remolcador e engancharía eses remolques que están colgando para sacar e consegurirían así, levar o barco para fóra, para alta mar". "No caso de que houbera problemas coas mareas e, polo tanto, problemas de calado, pensaron noutra posibilidade", asegura. "Buscaron un lugar afastado da terminal, unha zona reservada e arredada da poboación. E arrimaríase o barco alí", expón.

Unha vez aclarado isto, reitera "o risco en si non sería tan grave". E compara esta situación coa refinería coruñesa e di "se vamos a poñer trabas, incluso a refinería ten os seus perigos porque como estes tanques estén medio vacíos e salte unha chispa rebentarían".


Un quecemento das augas que afectaría o marisqueo

Por outra parte, o experto cre que a preocupación dos mariñeiros é un posible quecemento das augas. É dicir, temen que as elevadas temperaturas do sistema de refrixeración da regasificadora de Mugardos alteren o ciclo natural de vida de todas especies acabando con elas e coa ría ferrolá a posteriori. O inspector entende os seus medos, aínda que engade que non se deben adiantar os acontecementos porque primeiro hai que estudar ata onde isto pode prexudicar a ría.


EN PRIMEIRA PERSOA

"A seguridade nos gaseiros é a mínima. Hai moitas neglixencias"

Un mariñeiro que estivo embarcado en gaseiros, asfalteiros e petroleiros durante máis de 15 anos explica que estes barcos teñen moitos riscos polo feito de que transportan mercancías perigosas. Pese a que explica que son buques moi seguros, está convencido de que os elevados perigos que se corren xorden a consecuencia de que non se aplican as medidas de seguridade que se lles esixe. Di que "isto funciona moi mal".

Por outra banda, confesa que os mariñeiros que coma el traballaron neste tipo de buques non son conscientes do perigo que iso conleva. "A xente que estamos dentro non sabemos o que é iso. Non che esixen nada e ignoras todo o que alí acontece". Continúa expoñendo que o día a día é moi duro. "Traballas as túas oito horas, pero estás pendente durante todo o día. Vaste para a cama pero non estás tranquilo. Sempre estás pendente. "Tes medo continuamente", di, pero tamén recoñece que cando xa levas moito tempo embarcado "te acostumas a que salten determindas alarmas a cotío. Pero cando realmente te preocupas é cando salta algunha que non o fixo nunca". Afirma que "a vida está continuamente en perigo" e que "cada vez peor", o que provoca que "te sintas impotente", engade.

De feito, relata que traballando nun asfalteiro explotou un tanque. "O fallo foi humano, dun soldador en concreto, e non do propio barco", conta. "Por sorte non houbo feridos. Non pasou nada", pero sabe que isto son avisos que un día se fan realidade. E cre que son mostras da cantidade de neglixencias que se cometen.


OS GASES

A perigosidade do metano

O técnico superior marítimo asegura que o butano é moito máis perigoso que o metano porque o primeiro se transporta a presión e en caso de fuga podería prender lume. No entanto, o metano sae cunha temperatura moi alta, polo que se iría conxelando e o perigo de que prendese lume é moito menor, explica.

A temperaturas moi elevadas

O experto asegura, doutra banda, que o metano ou tamén chamado gas natural se transporta a través de tanques con características moi especiais e superprotexidos, dentro dos cales as temperaturas son moi frías, xa que oscilan entre menos 160 ou 180 graos.

Recoméndase entrar neste enlace na edición dixital do xornal Galicia Hoxe pois podense leeerr e facer comentarios
_______________________

segunda-feira, 8 de outubro de 2007

Comunicado urxente da plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá", sobre a queima, na madrugada de hoxe, da faixa que estaba na fachada da Casa do Concell

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 7 de outubro de 2007 11:37
Asunto: URXENTE COMUNICADO DE PRENSA



URXENTE COMUNICADO DE PRENSA

Na madrugada do día 7 de Outubro sobre as 6:30 horas persoa ou persoas descoñecidas queimaron a pancarta que a veciñanza encerrada na Casa do Concello de Mugardos tiñamos colocada na fachada principal de devandito edificio, onde se indicaba o número de días que desde o 23 de Xullo levamos encerrados, 75 naquel momento.

A pesar de que os presentes no peche a esa hora atopabámonos no interior do edificio, os culpables do vandálico acto, non dubidaron en pór en perigo as nosas vidas, podendo provocar queimaduras ou algún problema grave de intoxicación se o lume ou o fume entrasen en devandito local.

Queremos recordar que con esta, é xa a terceira agresión que os veciños encerrados sufrimos durante a nosa protesta no concello:

1º Secuestro do mural por parte do alcalde.

2º Explosión dun artefacto no interior dun colector de vidro, próximo ás vivendas da veciñanza e ao local onde habitualmente realizamos as nosas reunións.

3º Queima da pancarta á que nos estamos referindo neste comunicado.

Unha vez máis denunciamos que nos sentimos prexudicados ante ese tipo de grupos de intransixentes que pretende impedir a liberdade de expresión de xente que protestamos cívica e exemplarmente contra a localización da planta de gas de REGANOSA no interior da ría de Ferrol.

Significar que no momento de enviar este comunicado xa se presentou a oportuna denuncia por parte da Asociación Veciñal "O Cruceiro de Mehá"

Significar tamén que aínda non se presentou no concello desta localidade nin o alcalde, Xosé Fernández Barcia nin ningún outro membro da corporación, ao obxecto de interesarse polos feitos acaecidos.

Aproveitamos tamén para recordarvos que hoxe ás 14:00 horas hai unha concentración-cacerolada no peirao de Ferrol como protesta da entrada do 8º gasero para REGANOSA. A continuación unha caravana de vehículos desprazarase desde o porto de Ferrol cara aos tanques de REGANOSA (Mugardos) a cal está prevista que chegue sobre as 15:15 horas

Mugardos, a 7 de Outubro de 2007

PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
______________

A pancarta que queimaron:




Algúns medios xa se fixeron eco do asunto:

Grupo Voz

Noticias yahoo

__________________

sexta-feira, 5 de outubro de 2007

Festa da Lactación Materna, na Praza da Casa do Concello de Mugardos, sábado 6 de outubro

[Clica acima do cartaz para ampliar]

FESTA DA LACTACIÓN MATERNA

En solidariedade coa veciñanza
pechada na casa do Concello de Mugardos,
desde o 23 de xullo

Sábado 6 de outubro, ás 17:30 hs
Praziña da Casa do Concello de Mugardos

- Maquillaxe para nenos e nenas.

- Exposición de debuxos infantís.

- Recollida de asinaturas para iniciativa lexislativa popular
pro permiso maternal de seis meses.

- Tetada colectiva.

- Lectura do manifesto da WABA

SEMANA MUNDIAL DA LACTANCIA MATERNA
“A primeira hora de vida conta”
__

Grupo Comarcal "Mámoa Trasancos" da
Asociación Galega Pro-Lactación Materna - “Mámoa”
http://www.mamoa-trasancos.blogspot.com/

Velada literaria con Carlos Meixide e Séchu Sende na Casa do Concello de Mugardos, este xoves 4 de outubro

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 2 de outubro de 2007 22:05
Asunto: Velada literaria con Carlos Meixide e Séchu Sende na Casa do Concello de Mugardos, este xoves 4 de outubro


[Clica acima da imaxe para ampliar]

o xoves 4 de outubro ÁS 19:30 haberá unha velada literaria con Carlos Meixide e Séchu Sende, en apoio e solidariedade cós veciños pechados desde ó 23 de Xullo no concello de MUGARDOS en oposición á ubicación da planta de gas de REGANOSA dentro da ría ferrolá

grazas pola vosa presenza

VENCEREMOS

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
______________

segunda-feira, 1 de outubro de 2007

Manifestación 30-S: Un novo pulso a REGANOSA coa cidadanía na rúa

Un novo pulso a REGANOSA coa cidadanía na rúa

Apesar dunha mañá chuviosa, os ánimos non decaeron e o día tornou-se claro a partir das once da mañá. Os elementos deron-nos unha tregua e a manifestación puido coller cor e esplendor. A Asociación Veciñal de Ferrol Vello, engalanou a súa fachada con bandeiras da dignidade, e a música saía das xanelas do local social, animando a concentración que enchia o paseo do porto ferrolán. A xente aproveitaba para comprar as chapas, camisolas vermellas e bandeiras nos postos do Comité Cidadán. Muitas foron as persoas que secundaron a convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. O Porto de Ferrol tinxido de cores, mais o vermello da bandeira da dignidade predominaba en todo o percorrido até a Praza do Concello. Multitude de persoas berrando consignas contra a planta de gas de REGANOSA. A Praza do Concello ateigada de xente; multitude de faixas e bandeiras; as primeiras palabras de Luz Mariña, portavoz da veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos; ánimos e chamadas a continuar a loita contra o despropósito gasístico; a convizon de ter a razon é a nosa forza. Montse Garel foi a encarregada de leer un longo comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia, rematando a lectura do manifesto coa seguinte idea: “É hora de que os organismos competentes poñan fin ao perigo que supón Reganosa. É o momento de que unha decisión administrativa ou política non autorice o funcionamento, pois é imposible que Reganosa cumpra os condicionados. Aínda estamos a tempo de evitar unha catástrofe con miles de víctimas.”PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

A mobilización contou cun importante apoio de movimentos cidadáns doutras partes do País que sofren a agresión medioambiental e a paranoia do productivismo a toda consta, nun mundo de recursos limitados. A manifestación, contou nalgúns casos con nutridas representacións de colectivos como os da defensa do Courel; os da comarca do Ribeiro; os de Oseiro-Arteixo; os da Ría de Arousa, da de Vigo e da Ría de Pontevedra; os das Encrovas-ALousa-Cerceda; os da Merza-Vila de Cruces; ...

O apoio e presencia na manifestación foi moi importante de grupos comprometidos coa causa, a veciñanza pechada na casa do Concello de Mugardos e a Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"; a nosa Plataforma Ártabra 21; ecoloxistas de diferente cor ADEGA, VERDEGAIA, GREEPACE...; anarquistas reivindicando a "DEMOLIZÓN"; independentistas sinalando "CULPÁVEIS e RESPONSÁVEIS"; asociacións veciñais de toda a comarca; Esquerda Unida e as concelleiras e concelleiros do seu grupo municipal; militantes socialistas, comunistas, nacionalistas, de CCOO; ... a USTG; ... a CIG-SAÚDE e da oposición sindical a REGANOSA; ... A Cofradía de Pescadores; colectivos culturais a Fundaçom Ártabria, a A.C. Fuco Buxan; ... e a música puxeron-na a charanga AGresca de Cerceda e A Revolta de Trasancos. Seguro que quedan colectivos e entidades varias por nomear, quen se sinta agraviad@ que envie un correio-e e @ nomearemos.

Con esta manifestación o movimento cidadán, botou un novo pulso a REGANOSA que conta con complicidades institucionais, políticas e sindicais aos que non lles importa traizoar os intereses da cidadanía. O movimento popular ten que facer fronte a grandes poderes políticos e económicos que contan cunha importante cobertura e apoio mediático. Polo que nos queda facer un grande esforzo de información e concienciación da cidadanía, dicer, convencer, de que NUNCA É TARDE, para defender a Ría, a seguridade e a vida que podemos virar-lle o pulso definitivo a REGANOSA, con unidade, organización e loita.

Agora cumpre reunir-se, para avaliar o feito e o estado da situación, preparar un novo calendario de actividades e mobilizacións. O Comitá Cidadán de Emerxencia ten que poñer-lle data a Asemblea Cidadá.

En pouco tempo subiremos o vídeo da manifestación, estamos traballando no asunto mentras aquí van unhas cantas fotos:

Enlace á Galería de Diapositivos, para ve-los ampliados na xanela chea
____

Galería fotográfica da manifestación de Ferrol [30.09.2007]




Copia este código por se che apetece poñer a galería fotográfica da manifestación de Ferrol no teu blog ou web



____________

Información de interese e moi boa galería fotográfica en Zero Vacas, non a perdas
_______________

A manifestación segundo Rádio Filispím.

Rádio FilispiM cubriu a manifestaçom do día 30 cum programa especial de duas horas no que podedes escoitar comentários dos manifestantes e a leitura do comunicado final.

O programa reemitira-se esta semana vários dias:

Luns [Segunda-Feira]: 15:00hs.
Mércores [Quarta-Feira: 16:00hs.
Venres [Sexta-Feira: 08:00hs.
Domingo: 15:00hs.


Rádio FilispiM
emite no 93.9 da FM
e póde-se escoitar em moitas partes da
Comarca de Trasancos.
_________________

A noticia nos medios dixitais de información:

Diario de Ferrol

Vieiros

La Opinión de A Coruña

GZNacion

NoticiasGalicia

Xeneración Web

Galica Hoxe

El Correo Gallego

TVG Noticiario da Tarde

RadioFusión

El País
_____________