A ria e nosa e non de REGANOSA

domingo, 2 de setembro de 2007

Concedida unha entrevista en Madrid coa "Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas"

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
-ocruceiromeha@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 1 de Setembro de 2007 21:15

Asunto: Concedida unha entrevista coa "Dirección General de Política Energética y Minas" en Madrid


POR FIN UNHA ENTREVISTA

Logo de 41 días de peche no concello de Mugardos, por parte dos veciños de Meá, conseguimos que se nos conceda a entrevista coa Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas o día 4 de setembro ás 12:00 horas en Madrid. A devandita reunión asistirán por parte deste colectivo a presidenta LUZ MARIÑA TORRENTE LÓPEZ acompañada por outro membro da plataforma veciñal e asistidos pola avogada PATRICIA GABEIRAS.

Esta é unha das tres entrevistas que os veciños encerrados solicitaran formalmente para impedir que se conceda a autorización de funcionamento da planta de gas de REGANOSA.

Consideramos que esta entrevista é moi importante debido a que este organismo foi o que concedeu a Autorización Administrativa previa o 3 de xuño de 2002 e a autorización de construción o 13 de febreiro de 2004. Ambas as autorizacións están condicionadas ao cumprimento de determinados condicionantes imposibles de cumprir tales como:

-Distancias á poboación, esixidas tanto pola Directiva Europea SEVESO II, como polo RAMINP [Reglamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas y Peligrosas] en vigor na lexislación estatal española.

-Cumprimento da norma EN-1532 [1], sobre tráfico de buques gaseiros, a cal require que o buque poida saír rapidamente e polos seus propios medios en caso de accidente durante a descarga.

-Tamén se esixe que o circuíto de refrixeración do gas sexa pechado.

-Que a Autoridade Portuaria remita un informe técnico sobre o dragado da ría.

Entendemos que dito organismo foi quen puxo estes condicionantes e debe ser el mesmo quen asegure o seu cumprimento.

Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"

Presidenta: LUZ MARIÑA TORRENTE LÓPEZ (Teléfono: de contacto: 699548246)
__________________

[1] Nota.-

Installations and equipment for liquefied natural gas - Ship to shore interface. EN 1532:1997

Instalaciones e equipas para gas natural licuado. Interfaz entre buque e terra. UNE-EN 1532:1998

O orixinal define as exixencias aplicábeis no terminal e na placa ao buque para garantizar a transferencia segura do GNL. Define tamén as conexons do buque/costa asociadas con transferencia do GNL. Trata das operacións de transferencia do GNL do buque a costa ou ao revés.

_______________________________

Nenhum comentário: