A ria e nosa e non de REGANOSA

segunda-feira, 23 de julho de 2007

Feche no concello de Mugardos da veciñanza afectada polos 400 famosos metros de exclusión que preve o Plano Exterior de Emerxencias, para REGANOSA

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 23 de Julho de 2007 11:45

Asunto: Feche no concello de Mugardos dunhas cincoenta veciñas e veciños afectados polos 400 famosos metros de exclusión que preve o Plano Exterior de Emerxencias aprobado polo Consello Xeral da Xunta de Galicia, o pasado 19 de Xullo, para REGANOSA.



Feche no concello de Mugardos dunhas cincoenta veciñas e veciños afectados polos 400 famosos metros de perímetro de seguridade que preve o Plano Exterior de Emerxencias, aprobado polo Consello Xeral da Xunta de Galicia, o pasado 19 de Xullo, para REGANOSA.

Clicar acima da imaxe para ampliar

Desde as once da mañá iniciouse un peche no Concello de Mugardos, por mais de 30 veciños de Mehá (Mugardos) pertencentes á Plataforma de Veciños O Cruceiro de Mehá, cuxas vivendas son das mais próximas ás instalacións que constrúe Reganosa.

Entregaron no Concello un comunicado que como veciñas e veciños do Concello de Mugardos solicitando o apoio da Corporación para que lles sexan concedidas sendas entrevistas que desde o 12 de xullo pasado foron solicitadas a Francisco Barroso Palomino Director do Area de Industria e Enerxía da Coruña do que depende aurtorizar ou non o acta definitiva de explotacion a Reganosa, así mesmo coa Dirección Xeral de Proteccion Civil de Galicia a cal promoveu indebidamente un Plan de Emerxencia Exterior que foi aprobado pola Xunta de Galicia o pasado 19 de xullo.

Este peche prodúcese así, mesmo cando desde o Comité Cidadán de Emerxenciar para a Ría de Ferrol se está tamén á espera pola resposta dun escrito enviado á Dirección Xeral de Proteción Civil en Madrid e tamén á espera de resposta do Ministro de Industria aos escritos que desde xuño de 2006 se lle enviáron, o último entregado en man o pasado 11 de xullo de 2007 na súa visita a Ferrol, solicitandolle que ordene ao Área de Industria e Enerxía (que depende do mesmo) non sexa autoarizada a acta definitiva de explotación ou funcionamento que Reganosa non ten e que lle é obrigado soliciar, para o que está pendente de resolver condicionados da súa autorizacion de construción relacionados coas distancias ás poboacións e a saída de emerxencia dos buques gaseiros.

Os telefonos de contacto son :

Luz Marina: Presidenta: 699548246

Elena Vicepresidenta: 657270909

Saúdos cordiais

Carmelo Teixeiro
__________________


________

Un accidente nunha Planta de Gas é posíbel.-

Un Exemplo: accidente en China, decembro do 2003.

Relacionadas:

Noticias na BBC.MUNDO
Vernes, 26 de decembro de 2003 - 15:43 GMT

Gases tóxicos tras explosión en China

Traxedia en planta de gas china
_________________________________

Enlaces relacionados:

Nenhum comentário: