A ria e nosa e non de REGANOSA

domingo, 30 de setembro de 2007

Quedan poucas horas para a manifestación, non faltes, participa para cambiar as cousas

Mural realizado en Fene, na Avda das Pías, por membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol [28.09.2007]

Domingo 30 de Setembro,
ás 12 da mañá,


moitísimas galegas e galegos,
manifestarémo-nos
desde o Porto de Ferrol até a Praza do Concello,

demandando:

1º Ao Goberno Central que ten competencias para decidir que, en base a eses condicionados non resoltos, non sexa aprobada a acta de funcionamento definitivo de REGANOSA.

2º Á Xunta de Galicia para que renuncie á herdanza envelenada do caso REGANOSA, e así mesmo, reoriente a súa política enerxética para que deixe de ser unha ameaza para a Ría

e para a vida de miles de persoas de Ferrol Terra.

3º Ao Concello de Ferrol para que acorde dirixirse ao Tribunal Supremo a fin de que faga firme a sentenza 536/2004 favorable á cidadanía de Ferrol e que anula a falsa tramitación ambiental de REGANOSA.

4º Ao Concello de Mugardos, para que revise as licenzas, permisos e acordos con REGANOSA, que están ameazando a vida e os intereses da veciñanza.

Así mesmo demandamos lle sexan retiradas ás denuncias e sancións aos traballadores e traballadoras do mar, derivadas da defensa da Ría e dos seus postos de traballo.

NON FALTES

PARTICIPA NA MANIFESTACIÓN, MENTIRAS NUNCA MÁIS!


¡¡¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!!

__

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
PARA A RÍA DE FERROL

O seu correo electrónico é:
comitecidadan@iespana.es

A súa web:
http://comitecidadan.org/
____

Visita e actuación o próximo venres día 28 de setembro ás 20:30 no concello de Mugardos de Uxía Senlle

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de setembro de 2007 20:52
Asunto: Actuación próximo venres día 28 de setembro ás 20:30 no concello de Mugardos de Uxía Senlle




Actuación de Uxía Senlle o próximo venres día 28 de setembro, ás 20:30 na Casa do Concello de Mugardos, en solidariedade coa veciñanza pechada desde o pasado 23 de Xullo, contra a localización da planta de gas dentro da Ría.

PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
______________

Uxia Senlle, artista galega, música e cantante, é unha das persoas que representa unha parte da cultura galega. Persoa comprometida co seu País, desde moi nova, mais coñeceselle principalmente a raíz do afundimento do buque Prestige en novembro de 2002 fronte ás costas galegas, Uxía actuou como voceira do colectivo cidadán Nunca Máis que reclamaba a depuración de responsabilidades e unha maior proteccion do medio mariño e litoral. Anos despois, en 2006, Uxía volveu actuar como voceira de Nunca Máis durante a crise dos incendios forestais de agosto de 2005 e 2006.

A participación de Uxía Senlle, nun acto de solidariedade coa veciñanza de Mugardos pechada na Casa do Concello, ten un valor simbólico moi importante, e de referencia para o País, dado que Uxía representou ao movimento popular e cidadán máis importante dos últimos tempos na Galiza como foi NUNCA MÁIS.

Difundamos esta actuación e visita de Uxía á veciñanza de Mugardos, así como a manifestación do vindeiro domingo 30 de setembro, ás 12 do mediodía no Porto de Ferrol, contra o despropósito gasístico de REGANOSA.
____________

quarta-feira, 26 de setembro de 2007

A oposición a REGANOSA non se vai deixar amedrentar

Onte, 25 de setembro, unha delegación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, desprazouse até Compostela, á sede do Parlamento Galego para facer entrega das 4.000 asinaturas, contra o despropósito gasístico de REGANOSA, aos grupos parlamentarios que compoñen a camara de representantes galega.

O Comité Cidadán entregou pola mañá no rexistro do Parlamento, solicitándolles aos grupos políticos que lle esixan á Xunta de Galicia que abandone o accionariado de Reganosa e que lle pidan á Administración que retire os recursos interpostos no Tribunal Supremo contra as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia -TSXG- que anulaban a tramitación medioambiental da planta regasificadora.

Posteriormente estaba convocada unha rolda de prensa, mais o interese non era as demandas apresentadas no Parlamento Galego, senón o artefacto colocado en Mugardos. Mais o Comité Cidadán foi firme: manifestamos a nosa solidariedade coa veciñanza afectada, recordaron que a explosión foi nas proximidades do local de reunión da Plataforma Veciñal e que se pretende desvirtuar a oposición a Reganosa ou a mobilización prevista para o próximo día 30, cousa que non imos permitir.

A oposición a REGANOSA non se vai deixar amedrentar. Quen queira desviar a tención do principal non o vai conseguir, ou faremos todo o posíbel para que non o consiga, mais xa se sabe quen controla os medios de comunicación convencionais e sobre todo o Grupo Voz, que é o mais interesado en que se desvie a atención a asuntos de "terrorismo". Isto é o que tamén pretenden as autoridades municipais do Concello de Mugardos, con desafortunadas declaracións, culpando directamente á veciñanza de Meá do sucedido, sendo esta a única perxudicada polo acontecido, tanto materialmente, como animicamente.

Algún medio de comunicación insinua que o "artefacto explosivo" ía dirixido contra REGANOSA, mais foi colocado en Novás-Meá, perto da casa de reunións da Plataforma Veciñal, mesmo debaixo da faixa denunciando o perigo e a aberración que significa REGANOSA en Punta Promontoiro. Os aterrorizados non foron os directivos de REGANOSA, senón a veciñanza opositora á planta de gas. Quen se ten que sentir amedrentado ? Sr. Alcalde de Mugardos, como se atreve a culpar a veciños e veciñas, cando tiña que estar solidarizando con eles ? As cousas non cadran. E agora aproveita-se este suceso para ameazar co desaloxo da Casa do Concello, ou ao mellor é que as cousas si cadran ? Sr. Alcalde limite-se a condenar o sucedido, o acto violento contra a veciñanza, e solidaricese con esta que aínda o están agardando.

[Última hora o Concello de Mugardos solidariza-se coa veciñanza. A xunta de portavoces reunida acordou un comunicado]
[O acordo no Blog de Esquerda Unida]

O movimento popular e cidadán contra o despropósito gasístico de REGANOSA, temo-nos que centrar na convocatoria deste domingo 30 de setembro, e que a mobilización sexa todo un éxito de participación, resaltemos os nosos argumentos e as nosa demandas e berremos forte: PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

O domingo 30 de setembro todas e todos no Porto de Ferrol



___
COMUNICADO DA PLATAFORMA DE VECIÑAL "O Cruceiro de Meá"

A Plataforma veciñal "O Cruceiro de Meá", manifesta publicamente a súa máis enérxica condena ante o atentado contra a seguridade dos veciños do NOVAS-MEÁ concello de MUGARDOS, zona afectada pola explosión producida na estrada AC-133, punto quilométrico 9,100 ás 3:10 horas da madrugada do día 25 de setembro de 2007.

Ao mesmo tempo instan aos corpos de seguridade do estado que están levando a cabo a investigación sobre os feitos, poñan o máximo empeño para o pronto esclarecemento do atentado

Por outra banda queremos facer saber a todos os que se sintan mal informados que, os grandes prexudicados e ameazados pola explosión do colector de vidro, somos os propios veciños e veciñas da parroquia de Meá debido á proximidade tanto de casas habitadas, como de vehículos particulares, como do local social utilizado para reunións por parte da nosa Plataforma de veciñal "O Cruceiro de Meá", situada esta a escasos 30 metros da explosión.

PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
25 de setembro de 2007 17:33
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/

_____
A noticia en VIEIROS
[Recomendamos entrar por ter interesantes comentarios]
_____


A noticia vista desde a óptica do xornal:
"La Opinión de A Coruña" 26 de setembro de 2007 Mugardos

Un artefacto caseiro explota perto da planta de gas de Mugardos

O explosivo estaba colocado nos Novás, no interior dun colector de vidro e as primeiras investigacións apuntan a que podería estar elaborado con pólvora de feira.
REDACCIÓN Redacción.Ferrol

Un artefacto de fabricación caseira colocado nun colector de recollida de vidro situado nos arredores da planta de gas de Mugardos estourou ás 03.10 horas da pasada madrugada sen que ocasionase danos persoais, segundo informaron fontes da Garda Civil.

A explosión produciuse no lugar dos Novás-Meá, á altura do quilómetro 9,1 da estrada Cabanas-Mugardos, nas inmediacións das instalacións de Reganosa. O colector de vidro quedou completamente destruído e os seus restos, esparexidos nun radio de 60 metros. Como consecuencia da onda expansiva, víronse afectadas dúas vivendas, que sufriron diversos danos, que consistiron na rotura de cristais, portas e fiestras.

O Instituto Armado despregou un dispositivo para iniciar unha completa investigación dos feitos. As primeiras hipóteses apuntan a que podería tratarse dun artefacto de fabricación caseira composto con "pólvora de feira". De momento, continúan as pescudas encamiñadas a esclarecer o sucedido e a súa autoría. A Garda Civil de Mugardos rexeitou realizar máis consideracións sobre o incidente, así como achegar información sobre o ocorrido mentres continúen as investigacións.

O delegado do Goberno, Manuel Ameijeiras, manifestou onte que o sucedido terá unha resposta policial e xudicial e informou de que a explosión xa se está investigando.

Un portavoz de Reganosa negou que se produciu algún tipo de incidente no interior da instalación e sinalou que a planta de gas que se sitúa no núcleo de Meá funciona con "total normalidade".

"Clima de terror"

O alcalde de Mugardos, o nacionalista Xosé Fernández Barcia atópase de viaxe desde o domingo. Aínda así, logo de coñecer o sucedido a pasada madrugada explicou que se trata de "un tema bastante preocupante", que vinculou "ás protestas cidadás contra Reganosa".

Fernández Barcia mostrou a súa preocupación ante un incidente que cre que demostra "que a espiral de violencia está collendo cada vez máis campo", polo que avanzou que, ao seu xuízo, "deberase cortar con isto de raíz". Por iso, o rexedor afirmou que "se non estivesen esas protestas aí non pasaría nada", en referencia ao peche que desde fai dous meses protagonizan veciños de Meá no Concello para mostrar a súa oposición a Reganosa. Respecto diso, o Concello cifrou en máis de 20.000 euros o gasto de mantemento, tanto en electricidade como en tarefas da Policía Local, que supón o peche.

En opinión do alcalde, chegou o momento de "falar" desde o Goberno local cos veciños. Así, asegurou que "ou ben se abandone o peche de forma pacífica, ou ben llo pediremos á Delegación do Goberno". O rexedor nacionalista concluíu que se está creando "un clima de terror que non ten por que existir". A alcaldesa accidental, Carolina Cruz, fixo, pola súa banda, un chamamento á serenidade.

Vecinos de Mugardos protagonizan desde fai dous meses e dous días un peche na casa consistorial da localidade para reclamar información sobre o Plan de Urxencia Exterior de Reganosa e para reclamar que a instalación non entre en funcionamento comercial. Os veciños, afectados pola proximidade da instalación, dubidan da legalidade da planta, porque consideran que non está á distancia mínima esixida ás vivendas e que non pode acreditar a saída de urxencia dos buques gaseros.

As protestas dos veciños contra a planta de gas están apoiadas polo Comité Cidadán de Emerxencia dá Ría de Ferrol, que agrupa a máis de 60 entidades ecoloxistas, culturais e veciñais, entre elas a Confraría de mariscadores de Ferrol, e oponse desde 2001 á presenza da instalación na ría, polo que reclama o seu traslado ao porto exterior. O colectivo convocou unha mobilización para este domingo, ás 12.00 horas no porto ferrolán, para reclamar o traslado da planta de gas ao porto exterior.

A noticia orixinal en "La Opinión de A Coruña"


A noticia desde a óptica de:
NoticiasGalicia, 26.09.2007

Explosión en Mugardos
- O artefacto que explotou en Mugardos é similar ao colocado en Nigrán en abril
- O Delegado do Goberno, Manuel Ameijeiras atribúe o suceso ás recriminacións que se xeraron pola planta de Reganosa
- Asegura ademais que se descoñece a autoría" pero que "ás veces as aparencias enganan"
- O CCE contra Reganosa condena a colocación do explosivo

O artefacto que explotou en Mugardos é similar ao colocado en Nigrán en abril
noticiasgalicia.25/09/07- O delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras, recoñeceu que o artefacto que explotou esta madrugada na localidade coruñesa de Mugardos "garda relación" con outros que explotaron en diferentes zonas de Galicia, como en Nigrán en abril deste ano.

No entanto, Manuel Ameijeiras asegura que de momento non se sabe a autoría" e que, por iso, "hai que ter en conta que as aparencias ás veces enganan e pode estarse querendo crear confusión coas reivindicacións lexítimas".

En concreto sinala que non se descarta nada" en relación á autoría, pero atribúe "ás recriminacións que se están producindo na plánta regasificadora" o suceso. "As reivindicacións son lexítimas aseverou e lamentou que non se poden prexudicar con estes feitos que raian o terrorismo".

Ademais, Ameijeiras insiste no respecto á liberdade de expresión pero advertiu de que non se pode pasar da raia" e que, por iso, "estas actuacións terán consecuencias policiais e xudiciais".

O CCE contra Reganosa condena a colocación do explosivo
noticiasgalicia.25/08/07.- O Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, que desde hai oito anos oponse á instalación de Reganosa no interior da ría en Mugardos, condenou a colocación dun artefacto explosivo na localidade na que se sitúa a planta de gas, e que ocasionou danos en dúas vivendas.

Manuel Rodríguez Carballeira, como portavoz do colectivo, manifestou a Europa Press a súa "solidariedade cos afectados pola explosión" e recordou que sucedeu "cerca" de onde se reúnen os veciños da Plataforma de Meá, que desde hai dous meses, manteñen un peche no Concello de Mugardos para pedir información sobre Reganosa.

Así, "condenou" calquera acción deste tipo, á vez que avanzou que "non vai enturbar a decisión que desde fai oito anos" teñen "moitos cidadáns para conseguir que non leve a cabo a barbaridade de Reganosa". En todo caso, manifestou que se os autores do incidente "pretenden desvirtuar" a oposición a Reganosa ou a mobilización prevista para o próximo día 30, "non o van a conseguir".

Así, remarcou que a postura do Comité Cidadán que se opón a Reganosa sempre foi de loita "democrática e cos instrumentos do estado de dereito". Na mesma liña, tamén se manifestou, en declaracións a Radio Coruña, recollidas por Europa Press, Luz Mariña Torrente, portavoz da Plataforma de Mehá e responsable da asociación veciñal do lugar na que se produciu a explosión. Luz Mariña Torrente cualificou de "condenable ao cento por cento" a colocación do artefacto explosivo, e lamentou un incidente que definiu como "antidemocrático".

A portavoz veciñal recordou que o colectivo, no seu rexeitamento á localización de Reganosa no interior da ría, sempre optou "pola vías da legalidade" e da "administración", polo que manifestou que serán os primeiros interesados en "que se esclareza canto antes este tema". Para Luz Mariña Torrente, o sucedido "é moi grave", porque produciu situacións de "pánico" entre os veciños. Ademais, recordou que a explosión produciuse perto de onde está a sede social da súa Asociación de Vecinos. "Parece que alguén quere atentar contra nós", concluíu.
______

A noticia no Diario de Ferrol

A noticia en "El País"

A noticia en "GaliciaHoxe"
_____________

MOI URXENTE

ebanet@enlaspuertasdelcielo.org
25 de setembro de 2007 22:01

Os veciños de Meá precisan apoio "MOI URXENTE".

A pasada noite un artefacto explosivo colocado nun colector de vidro orixinou desperfectos, precisamente, nas casas de varios dos veciños que levan máis de dous meses pechados no concello de Mugardos.

Tanto o Alcalde de Mugardos coma o Delegado do Goberno, en declaracións públicas, parecen acusar deste acto delictivo aos propios pechados, que son os primeiros interesados en que se investiguen e esclarezan os feitos e se deteña aos verdadeiros culpables.

Adxunto o comunicado dos veciños de Mehá e o teletipo da Axencia EFE coas declaracións do Alcalde de Mugardos.

Agora, máis que nunca os veciños precisan do apoio de todos. Necesitan sentirse arroupados por toda Galicia. Se queredes expresarlles a vosa solidariedade, podedes escribirlles a:

ocruceirodemeha@yahoo.es

Lembrámosvos que esta acción que están levando a cabo os veciños de O Cruceiro de Mehá, se enmarca dentro da longa batalla que levan máis de sete anos librando tódalas entidades e cidadáns que forman parte do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, colectivo que integra a máis de 40 entidades de Ferrolterra e que veñen mostrando a súa oposición á ubicación da planta de gas de Reganosa, por ilegal e perigosa.

O Comité Cidadán de Emerxencia ten convocaca unha manifestación para o próximo DOMINGO 30 DE SETEMBRO, ÁS 12 DO MEDIODÍA NO PEIRAO DE FERROL. É importante que acuda o maior número posible de persoas de toda Galicia para apoiar esta convocatoria e, ao mesmo tempo, para mostrar a solidariedade cos veciños de Meá.

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
_____________


Enlace co Blog que oferta un número importante de enlaces con noticias que se produzen con respeito á planta regasificadora de REGANOSA

___________________

Os versos de Tito

De: Plataforma Veciñal "Cruceiro de Meá"
-ocruceiromeha@yahoo.es-
Para: artabra 21@gmail.com
Data: 24 de setembro de 2007 23:26
Asunto: Versos de TITO para O Cruceiro de Meá


Versos de TITO para O Cruceiro de Meá

___

__

Aqui tendes o link para youtube, onde subimos o vídeo dun veciño que nos adicou estas preciosas verbas

http://es.youtube.com/watch?v=Tin04Q_Bhtc

grazas TITO. Emocionachenos incluso ós vindeiros. GRAZAS de novo

PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/

LEMBRADE A MANIFESTACIÓN DO DOMINGO 30 DE SETEMBRO AS 12:00 HORAS

VENCEREMOS

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA
_______________________

terça-feira, 25 de setembro de 2007

Intervención de Luz Mariña na quinta edición de Fervesteiro

Os día 21 e 22 de Setembro tivo lugar en Ferrol a Quinta Edición do Festival Fervesteiro, decicado este ano á Loita contra a planta de gas de REGANOSA que ameza a nosa seguridade e as nosas vidas. As compañeiras e compañeiros que organizan o acto festivo e reivindicativo , decidiron que a presidenta doa Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá" e representante da veciñanza que leva pechada na Casa do Concello de Mugardos desde o pasado 23 de xullo, Luz Mariña Torrente, fora a pregoira do Festival. Esta é a intervención da compañeira na noite do venres 21 de setembro.
_____

____

Marcadores: , ,

segunda-feira, 24 de setembro de 2007

Dous meses de peche, dous meses de loita, dous meses de solidariedade

Dous meses de peche, dous meses de loita, dous meses de solidariedade

Onte domingo, 23 de setembro, cumpríron-se dous meses de peche na Casa do Concello de Mugardos. Foron 63 día de loita e solidariedade, un verán inolvidábel na historia de Mugardos, na Historia de Meá, na Historia do Movimento Veciñal e Cidadán desta Comarca.

Veciñas e Veciños que teñen as súas casas máis próximas ao despropósito gasístico de REGANOSA que costruiu con todo tipo de complicidades institucionais e uns inconfesados intereses políticos e económicos, orquestados polo Grupo Tojeiro beneficiario de millóns e millóns en subsidios, dados, no seu momento, polos seus amigos en Madrid e na Xunta de Galicia dos gobernos do PP, para as súas empresas e investigado, hoxe, polo Tribunal de Contas de Galicia, por sospeitosas coincidencias. Mais non queremos falar do Grupo Tojeiro e compinches, senón da veciñanza de Mugardos en loita contra o enxendro REGANOSA. E do peche, no que a Plataforma Veciñal "Cruceiro de Meá", é a protagonista principal que ven loitando contra os cambalaches e cacicadas do Grupo Tojeiro, desde hai nove anos. Este construiu un complexo petroquímico en Punta Promontoiro, de perigosas consecuencias medioambientais para o ecosistema e a saúde da poboación que mora no seu contorno, co apoio e complicidade dunha "administración Fraga", mais tamén desde o propio Concello de Mugardos, facilitando o camiño con recalificacións e concesións, nunha práctica política morrallenta de cambiar a saúde do pobo por diñeiro que ainda acima mal-xestionaron.

Os gobernos actuais en Madrid e Compostela, continuan a obra do PP e o Sr Fraga, para os da Xunta por considera-la "estratéxica" para Galiza. [sic]

A Plataforma Veciñal "Cruceiro de Meá", ven loitando contra estes poderes corruptos, do capitalismo salvaxe e comprador de vontades, desde o ano 1999. Polo que a loita non só é dura, senon que tamén longa no tempo.

O peche da Veciñanza, despertou, xerou, abreu, contribueu e segue nunha liña positiva e de avanzadilla na loita contra o despropósito gasístico de REGANOSA. A solidariedade recebida en forma de visitas; comunicados; actuacións, artigos de agradecemento, recoñecemento e apopio; actuacións teatrais, musicas e doutros xéneros, viñeron a contribuir a facer do peche un lugar de lecer e debate, un lugar alegre e combativo.

Non podemos enumerar aquí a todas as persoas, asociacións e diferentes colectivos de todo tipo que pasaron pola Casa do Concello, verdadeira Casa do Pobo desde o 23 de xullo, pois case seguro que deixaríamos alguén fóra, polo que polo de agora non o imos facer, mais si comprometemo-nos a que figuren no "cadro de honor", desta loita desigual, mais cun contido galego, popular e progresista indiscutíbel.

Onte, foi un intenso día, a visita dos Blogueir@s Solidari@s, da Rede de Apoio á Loita Cidadán; a Charanga "AGresca" que alegrou a tarde coa súa música solidaria; o Teatro con Mabel Rivera e Lino Braxe; e a proxeción de "A Ceo Aberto. As Encrobas" de Xosé Bocixa, un documentário sobre a loita das Encrobas [1976] no concello de Cerceda, na defensa da terra, contra FENOSA propietaria de Lignitos de Meirama, coas consecuencias nos anos 90 na zona da Lousa, e os problemas de SOGAMA. Emocionante documentário que despertou sentimentos contradictorios e provocou un intenso debate, sobre similitudes e difencias, mais que nos unía a outras loitas que como a nosa, tornanse dificis e silenciadas. A xente das Encrobas, con unha importante representación da Asociación de Veciños e Veciñas da Lousa "A Outra Cerceda", foi a que comentou o documentario "A Ceo Aberto". Mais tamén estiveron representantes da "Plataforma pola eliminación das lineas de alta tensión de Oseiro-Arteixo", cuxa representante dunha forma clara e contundente expuso a problemática da veciñanza do lugar e a súa loita contra FENOSA e a Central Térmica de Savón. Estivo presente o propietario das terras onde REGANOSA dun plumazo e coa complicidade da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente , cortou mási de 1500 castiñeiros, para facilitar o tránsito do gasoducto até Meirama. No debate xa comezaban a xurdir os pontos de coincidencia: o gas; FENOSA; o Delegado Provincial da Consellería de Medio Ambiente, Manuel Tajes Gómez; as industrias en probas; veciñanza coacionada; veciñanza en loita; ... mais sobre todo a cita do próximo 30 de Setembro no Porto de Ferrol ás 12 do mediodía, onde non pensan faltar negunha das plataformas veciñais, xunto coa de Meá, á Manifestación Cidadán contra o despropósito gasístico de REGANOSA. Mais con demandas concretas:

1º Ao Goberno Central que ten competencias para decidir que, en base a eses condicionados non resoltos, non sexa aprobada a acta de funcionamento definitivo de REGANOSA.

2º Á Xunta de Galicia para que renuncie á herdanza envelenada do caso REGANOSA, e así mesmo, reoriente a súa política enerxética para que deixe de ser unha ameaza para a Ría e para a vida de miles de persoas de Ferrol Terra.

3º Ao Concello de Ferrol para que acorde dirixirse ao Tribunal Supremo a fin de que faga firme a sentenza 536/2004 favorable á cidadanía de Ferrol e que anula a falsa tramitación ambiental de REGANOSA.

4º Ao Concello de Mugardos, para que revise as licenzas, permisos e acordos con REGANOSA, que están ameazando a vida e os intereses da veciñanza.

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

NON FALTES PARTICIPA NA MANIFESTACIÓN,
DIFUNDE A CONVOCATORIA

____________________

Material para a Manifestación:

Folha da convocatoria en formato-PDF-

Cartaz da Convocatoria en formato -JPG-

Cunhas publicitarias en formato -mp3-

Bolantinas en formato -JPG-

______________

Para a publicidade xa impresa:

Quen queira pillar cartaces en gran formato a cor e follas informativas da convocatoria co cartaz en Din A4, dirixirse aos locais do Ateneo Ferrolán, aberto de 10 a 14 hrs.

_______________

sexta-feira, 21 de setembro de 2007

22 e 23 de Setembro, novas actuacións solidarias na Casa do Concello de Mugardos

De: Plataforma Veciñal"OCruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de setembro de 2007 08:06
Asunto: ACTUACIONS NA CASA DO CONCELLO MUGARDES, 23 SETEMBRO


O vindeiro 23 de setembro cúmprese o segundo mes consecutivo de peche no concello mugardes por parte dos veciños contrarios á posta en funcionamento da planta de Gas Natural Licuado de REGANOSA, multitude de persoeiros ben coñecidos por todos, mostraron a súa intención de poder colaborar na loita que os veciños están levando a cabo. Entre outros poderemos destacar a actuación o sábado día 22 de setembro de María Manuela acompañada por Xurxo, quen actuarán a partir das 20:00 horas no casa do concello de Mugardos.

O 23 de setembro, a charanga AGRESCA paseará polas rúas da vila desde as 18:30. A continuación, sobre as 19:00 horas, Liño Braxe e Mabel Rivera entre outros, darán lugar a unha lectura dramatizada da obra ACURRADOS de XENARO MARINHAS DEL VALLE.

Ás 20:00 terá lugar a proxección do documental das ENCROVAS A CEO ABERTO, unha loita entre veciños das ENCROVAS e Unión Fenosa. Este documental estará asistido por xente do lugar ademais do seu director XOSÉ BOCIXA.



PLANTA DE GAS FORA DA RÍA
__________________
PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/

segunda-feira, 17 de setembro de 2007

A Manifestación en Ribadavia do pasado sábado 15 de setembro en defensa da Comarca do Ribeiro, contra o macro-vertedoiro-incineradora

De: Plataforma Veciñal "Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es

Para: artabra21@gmail.com

Data: 16 de setembro de 2007 19:12

Asunto: A Manifestación en Ribadavia do pasado sábado 15 de setembro en defensa da Comarca do Ribeiro, contra o macro-vertedoiro-incineradora


Nin a calor, nin a distancia, nin as "ausencias" permitiron rebaixar o ánimo dos 5000 manifestantes que onte se reuniron na manifestación de Ribadavia contra o Parque mediambiental dá Carballeda.

Ás 18:30 horas partía a manifestación onde diferentes colectivos, Foro social TEMOS DEREITO A SABER, de Ribadavia (convocantes do evento social), SOS COUREL de Lugo, POLA DEFENSA DÁ RÍA de Pontevedra, Comité Cidadán de Emerxencia dá ría de Ferrol e PLATAFORMA DE VECIÑOS O CRUCEIRO DE MEHÁ estes últimos pechados dende fai hoxe 55 días no concello de Mugardos e opositores á localización no interior da ría Ferrolá da planta de gas de REGANOSA, lograron elevar o ánimo de unidade popular e de repulsa ás distintas aberracións que o capitalismo desatinado intenta impor nas distintas localidades da Galiza.

Unha vez na praza do concello o presidente do foro social TEMOS DEREITO A SABER, Clodomiro Montero, agradeceu entre outras cousas, a asistencia masiva da poboación así como da dos distintos colectivos que acudiron a devandita manifestación. Acto seguido presentou a unha madriña de luxo, MABEL RIVERA, quen, exultante, recordou aos presentes que se sentía manipulada polos señores que están no Goberno a quen se lles enche a boca de sustentabilidade e non saben de que están falando.

Neste ambiente de unidade popular, todas as organizacións alí representadas comprometéronse en acudir á manifestación convocada polo COMITE CIDADÁN DE EMERXENCIA de Ferrol, que o domingo día 30 de setembro, ás 12 do mediodía partirá dende o Peirao da cidade departamental baixo o lema :

"PLANTA DE GAS FORA DA RÍA"




PLATAFORMA DE VECIÑOS O CRUCEIRO DE MEHÁ
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
ocruceiromeha@yahoo.es


___________

DIFUNDE A CONVOCATORIA DE MANIFESTACIÓN EN FERROL, PARA O DOMINGO 30 DE SETEMBRO:

_________________
Folla Informativa da Convocatoria da Manifestación do 30 de Setembro en formato PDF, para reproduzir e fotocopiar:

Enlace co ficheiro da convocatoria en formato -PDF-

_________________
Cartaz da Convocatoria da Manifestación do 30 de Setembro en formato JPG, para reproduzir e fotocopiar::

Enlace co ficheiro onde está o cartaz en formato -JPG-


AVISO:
Nos locais do Ateneo Ferrolán de 10:00 a 13:00 hrs, poden-se recoller os cartaces e follas informativas da convocatoria que editamos en imprenta.
______________

sexta-feira, 14 de setembro de 2007

Parte da veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos acudirá á manifestación de Ribadavia na defensa da Comarca do Ribeiro

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Méa"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de setembro de 2007 21:40
Asunto: adhesión con Ribadavia



Un numeroso grupo de veciños pechados no concello de Mugardos dende o día 23 de xullo, acudirá o vindeiro sabado día 15 de setembro ás 18:00 horas a Ribadavia. O motivo desta viaxe é a anexión cos veciños do foro social "TEMOS DEREITO A SABER" de Ribadavia, quen nos invitaron, coñecedores da nosa problemática, nos seguintes termos

O FORO SOCIAL "TEMOS DEREITO A SABER" PREGALLE A SÚA ASISTENCIA Á MANIFESTACION QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO DIA 15 DE SETEMBRO AS 18:30 HORAS EN RIBADAVIA.

O MOTIVO DA MESMA É O NOSO REXEITAMENTO A UBICACIÓN EN CARBALLEDA DE AVIA DA MAIOR PRANTA DE BASURA DE GALICIA.

A MANIFESTACION SAIRÁ AS 18:30 DO INSTITUTO PERCORRENDO AS RÚAS DA VILA ATA CHEGAR A PRAZA MAIOR, ONDE SE LEERÁ UN MANIFESTO.

PARA MAIS INFORMACIÓN ENTRADE NA NOSO PÁXINA WEB:

http://www.espacioblog.com/avia

CORREO ELECTRÓNICO:
forosocialtemosdereitoasaber@hotmail.com

silviaforo@terra.es

FORO SOCIAL “TEMOS DEREITO A SABER”
PLAZA MAIOR Nº 14
32.400 RIBADAVIA, OURENSE.
TLF. 659077431

Nin que dicir ten que a unión de asociacións como de foros e todos os colectivos asi como persoas independentes que poidan adherirse a devandita manifestación, fará que os nosos amigos de Ribadavia teñan un maior apoio e unha demostración de unidade popular, imprescindible para que a súa loita sexa máis efectiva.

Desde a nosa Platafdorma de veciños O Cruceiro de Mehá, invitamos en nome deles a todos e a todas a acudir a Ribadavia o sábado día 15 de setembro ás 18:30.

Agradecervos de antemán a vosa participación.
O POBO UNIDO XAMAIS SERÁ VENCIDO

PLATAFORMA DE VECIÑOS O CRUCEIRO DE MEHÁ
http://ocruceirodemea.blogaliza.org
ocruceiromeha@yahoo.es
__________________________

quinta-feira, 13 de setembro de 2007

Convocatoria da manifestación do 30 de Setembro

Manifestación, domingo 30 de setembro, ás 12 do mediodía no Porto de Ferrol

Estes últimos meses distintos colectivos da comarca de Ferrol Terra veñen sufrindo as consecuencias da agudización do conflito que representa a localización ilegal e perigosa da planta regasificadora de REGANOSA. Os viciños e viciñas de Mugardos pechados na Casa do Concello desde o pasado 23 de xullo, porque ven ameazadas as súas vivendas; os mariscadores e mariscadoras que ven ameazados os seus postos de traballo co impacto ambiental negativo da tecnoloxía de vaporización por auga mariña que utiliza REGANOSA, e a paralización da actividade marisqueira cando entra ou sae un gaseiro. Ademais, está o esforzo mobilizador e de denuncia en varios frontes (xudicial, institucional, asociativo...) que parte da cidadanía desta comarca, co Comité Cidadá de Emerxencia ao fronte, ven desenvolvendo desde o ano 2000. Todo isto por estar no convencemento de que, REGANOSA é unha ameaza para a vida de 100.000 persoas e a riqueza marisqueira da Ría de Ferrol.

Sabemos que REGANOSA non ten todos os permisos que necesita para realizar a actividade que mantén nestes momentos. Non ten a acta de funcionamento definitivo. Aínda así, desde o pasado 9 de maio, co pretexto de “probas”, está protagonizando un feito consumado máis, co funcionamento de todos os seus sistemas de almacenamento de gas natural licuado (GNL) e de produción de gas natural regasificado que inxecta nos gasodutos, cun risco real para a vida humana e para o emprego de 600 traballadores e traballadoras do mar.

A autorización de construción de REGANOSA de febreiro de 2004, ten uns condicionados que debe resolver antes da autorización definitiva. Seguindo a política de feitos consumados e coas complicidades políticas aseguradas no anterior goberno de Fraga, REGANOSA foise convertindo nestes anos nunha ameaza cada vez máis real dentro da nosa Ría. Desde hai un ano, con escritos e entrevistas, o Comité Cidadán de Emerxencia reiterou ao Ministerio de Industria, ao Delegado do Goberno en Galicia, ao Subdelegado e ao Director da Área de Industria e Enerxía da Coruña, que os condicionados da autorización de REGANOSA deberían ser verificados pola Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas. Como se dunha pataca quente se tratase, esta administración trasladounos á Área de Industria e Enerxía da Coruña que non conta cos recursos necesarios para realizar esa verificación, correndo toda a comarca o perigo de que a autorización definitiva se faga tendo en conta só os informes que a propia REGANOSA presente diante deste organismo.

É imposible que REGANOSA poida resolver determinados condicionados da súa autorización de construción de febreiro de 2004, entre eles o das distancias á poboación que require o artigo 12 do Real Decreto 1254/99 ou Directiva Seveso II, segundo testemuña o informe de 22 de xaneiro de 2004 da Dirección Xeral de Urbanismo, único organismo competente para aplicar en Galicia dito artigo. Así mesmo tamén é imposible que REGANOSA poida resolver a saída ao mar dos gaseiros en caso de emerxencia, segundo require a norma EN-1532 de obrigada aplicación tal e como tamén testemuña outro condicionado da Autoridade Portuaria de Ferrol nos seus informes de outubro de 2001 e xaneiro de 2004.

Necesitamos un esforzo máis de toda a cidadanía para conseguir que as institucións que poden parar esta ameaza ecolóxica e para a vida humana, cambien as súas políticas:

a) O Goberno Central que ten competencias para decidir que, en base a eses condicionados non resoltos, non sexa aprobada a acta de funcionamento definitivo de REGANOSA.

b) A Xunta de Galicia para que renuncie à herdanza envelenada do caso REGANOSA, e así mesmo, reoriente a súa política enerxética para que deixe de ser unha ameaza para a Ría e para a vida de miles de persoas de Ferrol Terra.

c) O Concello de Ferrol para que acorde dirixirse ao Tribunal Supremo a fin de que faga firme a sentenza 536/2004 favorable á cidadanía de Ferrol e que anula a falsa tramitación ambiental de REGANOSA.

d) O Concello de Mugardos, para que revise as licencias, permisos e acordos con REGANOSA, que están ameazando a vida e os intereses da veciñanza.

A unidade, a conciencia cidadá, a transparencia e a mobilización conseguirán o noso obxectivo.

NUNCA É TARDE para que unha decisión administrativa, xudicial ou política paralice esta ameaza antes de que ocorra unha catástrofe que pode provocar miles de vítimas.

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!!
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

_________________
Nota.-
Escrito oficial da convocatoria, acordado na reunión da Mesa de Traballo do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, celebrada onte, martes 11 de setembro, nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol Vello.
_________

Difundir a convocatoria

Só se editaron 1.000 cartaces que se distribuíran na Asemblea Cidadá que está previsto que se celebre o vindeiro xoves, dia 13 de setembro, ás 19:30 hrs, nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol Vello.

Polo que, quen poida, que copie e distribuía o cartaz polo medio que saiba.

O mesmo dicimos para o Escrito da Convocatoria, da que só se editaron 3.000 unidades en A4.


[Clicar acima da imaxe para ampliar e logo baixar]


30 de Setembro, domingo, ás 12 do mediodía, MANIFESTACIÓN CIDADÁN, con saída desde o Porto de Ferrol, diante do edificio da Autoridade Portuaria, até a Praza do Concello de Ferrol, baixo o lema "PLANTA DE GAS FORA DA RIA".
____________________

Dúas horas dunha brillante actuación por parte do grupo folk "Os Cempés", este domingo en Mugardos, en solidariedade coa veciñanza pechada

De: Plataforma Veciñal "Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de setembro de 2007 13:08

Asunto: Dúas horas dunha brillante actuación por parte do grupo folk "Os Cempés"


Dúas horas dunha brillante actuación por parte do grupo folk "Os Cempés", este domingo en Mugardos, en solidariedade coa veciñanza pechada na Casa do Concello

Dúas horas dunha brillante actuación por parte do grupo folk OS CEMPÉS, fixeron vibrar ás máis de 200 persoas que se deron cita na praza do concello de Mugardos.

OS CEMPÉS, que en todo momento fixeron gala dunha grande calidade profesional, amosaron tamén a súa complicidade cos veciños pechados no concello fai xa 7 semanas, en contra da localización da planta de gas de REGANOSA dentro da ría ferrolá.

Así pois, a un grán número de actuacións de todo tipo, tanto grupos musicais, como de teatro, como poetas e un longo etc de profesionais, súmase este lexendario grupo galego que foi un sopro de aire fresco para todas aquelas persoas que acudiron a velos en directo.



__________________
PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
____________


[Para acceder á galería de diapositivos, clica na imaxe ou no enlace de acima]

____________

domingo, 9 de setembro de 2007

Cinco Semanas

Este artigo de opinión, da Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga" foi enviado por tres veces ao xornal comarcal Diario de Ferrol e non foi publicado. A primeira vez que se enviou foi o pasado 28 de Agosto.

Cinco semanas.


Son cinco semanas, non son “cinco semanas en globo” como a primeira novela do escritor francés Julio Verne publicada en 1863 hai cento corenta e catro anos. Tampouco é unha ficción é unha realidade son cinco semanas as que as veciñas e veciños de Meá levan pechados no Concello de Mugardos en defensa das súas vidas e das nosas vidas, xa que todas elas están en perigo de maneira innecesaria por un proxecto do que se gaba Fraga Iribarne, ex-presidente da Xunta de Galicia e ex-ministro do réxime ditatorial de Franco, o proxecto de Reganosa en Mugardos, argallado entre o empresario Tojeiro e o propio Fraga Iribarne e que recibiron como un regalo envelenado, e non parece que con desagrado, os actuais máximos mandatarios da Xunta de Galicia o Sr. Touriño e o Sr Quintana.

Cando se produciu o tan desexado cambio de goberno na Xunta de Galicia, se paralizaron proxectos herdados do anterior Goberno como máis encoros para produción de enerxía eléctrica, novos parques eólicos, novos piscifactorías en espazos sensible e mesmo se paralizou durante un tempo a chamada Cidade da Cultura( outro dos proxectos dos que se gaba Fraga Iribarne), pero non se paralizou o proxecto de Reganosa que so tiña iniciado a construción dun depósito en pouco máis de dous metros de altura. ¿ Por que, cando os ciclos combinados de Endesa e Fenosa que é para quen se fai Reganosa e non por qué sexa estratéxica para Galicia, non van funcionar ata o 2008, non se acorda trasladar a Planta de Gas á segunda fase de Porto Exterior de Ferrol, acelerando así a súa demorada construción?. Simplemente por covardía política e por confundir o que son intereses das compañías eléctricas, que levan esquilmando Galicia anos e anos e pretendes seguir facendo, co que son os intereses de Galicia que de ningún modo coinciden cos intereses das compañías eléctricas que cada vez obteñen máis beneficios.

Os veciños e veciñas de Mugardos, da parroquia de Meá, están dando un exemplo de como se defende a legalidade e a xustiza ata as últimas consecuencias. Ese exemplo está sendo entendido pola intelectualidade e os/as artistas galegos, moitos deles comprometidos coa desaparecida, a saber por qué, Plataforma Nunca Máis, que lles veñen ofrecendo continuamente o seu apoio. Tamén polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol que xa leva organizado dúas mobilizacións de apoio e de rexeitamento da planta de gas en Mugardos, e que xa está preparando unha mobilización moi importante para o 30 de setembro en Ferrol.

Reganosa ten dúas sentenzas do TSXG en contra , non ten avaliación de impacto medio ambiental, non cumpre o RAMINP en canto á distancia que debe manter ás poboacións que é de 2000 metros como acaba de dicir o TSXG con respecto da EDAR de Ourense e que deberá ser derrubada. Reganosa non cumpre a norma de que un gaseiro poida saír da Ría de Ferrol polos seus propios medios. Reganosa xa sufriu un incendio, que durou dous días, nun dos seus tanques na súa construción e acaba de ter un escape nun dos gasoductos. Reganosa é ilegal e é perigosa e debe ser trasladada fóra da Ría como veñen defendendo desde hai cinco semanas, nun exemplo de dignidade e coherencia, polos homes e mulleres de Méa .

Agora que se está a debater a necesidade de que se aprenda o Himno Galego nas escolas, haberá que debater tamén a ensinanza da defensa da verdade, da legalidade, da xustiza e da vida, tomando como exemplo ós homes e mulleres de Mugardos que loitan pola Planta de Gas fóra da Ría de Ferrol. Seguramente nin eles e nin elas serán conscientes do que están facendo pero que teñan a seguridade de que “ os bos e xenerosos a súa voz entenden” e “ so os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non os entenden non”.

Desde a Asociación veciñal de Esteiro “ Fontelonga”, tedes o noso total apoio.

________________
ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

________

A. V. "O Cruceiro de Meá": Interesantes entrevistas a do ex-alcalde Toimil. Non ten perda.

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
Para: artabra21@gmail.com

Data: 8 de setembro de 2007 13:16

Asunto: A boas horas!!!



A boas horas!!!

Interesantes entrevistas nunha revista comarcal a do ex-alcalde Toimil. Non ten perda.

Onde dixen digo, digo Diego

[Para ampliar as imaxens clicar acima delas]



______________

PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
______

quinta-feira, 6 de setembro de 2007

Recurso de suplica contra a desestimación das medidas cautelares de suspensión da actividade de REGANOSA

De: Plataforma Veciñal "O Cruceirode Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com

Data: 6 de Setembro de 2007 18:16

Asunto: Recurso de suplica contra a desestimación das medidas cautelares



Recurso de suplica contra a desestimación das medidas cautelares

O 6 de setembro presentouse o recurso de suplica contra a desestimación das medidas cautelares de suspensión da actividade da planta presentado hoxe ante o TSJ de Madrid por parte das Asociacións de Veciñais agrupadas no CCE.

Neste recurso as Asociacións de Veciñais volven pedir ao Tribunal que suspenda a entrada de buques na Ría, xa que devandito tráfico supón un perigo claro e directo para a poboación e a vida na Ría, sendo estes "a protección da poboación e dos recursos naturais", os intereses xerais que deben ser protexidos de forma cautelar e prioritaria, e non os puramente patrimoniais de REGANOSA.

No mesmo sentido as Asociacións explican no seu escrito por que a adopción dunha medida como a solicitada tampouco suporá prexuízo algún para o sistema gasista galego ou español, en tanto que este atópase, precisamente por razón da actividade en Reganosa e da súa mala planificación, con problemas para canalizar todo o gas que a Planta en Mugardos está inxectando, durante a fase de probas, nunha rede que neste momento está saturada.

Como fundamento das súas alegacións as Asociacións facilitaron ao TSJ de Madrid o Informe da Comisión Nacional da Enerxía, de 14 de xuño de 2007, no que este Organismo, como medida para paliar os problemas que está expondo Reganosa ao sistema, chega a propor, ata, o desvío dos buques destinados a Mugardos cara a outras plantas de Regasificación españolas que, por contar con consumo suficiente, non estean saturadas para así, desde devanditas plantas, seguir fornecendo a Galicia.

O problema é que Reganosa a día de hoxe non conta con clientes suficientes para dar saída ao gas que regasifica e iso é así porque os seus propios socios incumpriron os seus compromisos de compra de gas; compromisos que, paradoxicamente, foron os que no seu día lles permitiron obter o placet da CNE, xa que con eles maquillaron a viabilidade económico financeira do Proxecto.

O Proxecto de Reganosa non só resultou ser un disparate por razón da súa localización e do perigo potencial que supón para os cidadáns de Ferrol Terra, senón que pode acabar sendo, así mesmo, un fracaso para o sistema gasista porque os seus promotores tamén enganaron respecto da súa viabilidade económico financeira.

E o peor de todo será que a ineficiencia do sistema gasista provocado por REGANOSA non o pagarán senón os petos de todos os cidadáns a quen lles resultará máis caro o gas por culpa dun Proxecto que naceu ineficiente e marcado polas irregularidades e corruptelas

Recordar tamén que o día 9 de setembro ás 20:00 actuará na praza do concello de Mugardos o grupo musical OS CEMPES, en mostra de apoio e solidariedade cos encerrados no concello desde o día 23 de xullo.

PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/

O Comité Cidadán de Emerxencia, ante a prevista chegada do séptimo metaneiro convoca unha concentración este Venres, 7 de setembro, ás 14:00 hrs

CONCENTRACIÓN

venres, 7 de Setembro
ás 1 da Tarde no Porto de Ferrol


para manifestar a nosa protesta
pola ilegal e perigosa entrada
dun novo buque gaseiro na Ría de Ferrol,
con GNL para REGANOSA
.

Acude con percusión e cacerolas

PARTICIPA !!


Convoca:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
A RÍA É NOSA NON DE REGANOSA !!
REGANOSA ILEGAL E PERIGOSA !!

LNG Oyo, buque metanero de 285,40 m de eslora
[Clicar acima da imaxepara ampliar]

_________________

Convocada unha Asemblea Cidadá para o día 13 de setembro, xoves, ás 19:30 hrs, no local social da Asociación Veciñal de Ferrol Vello
[PROXIMAMENTE MÁIS INFORMACIÓN]

_________________

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 5 de Setembro de 2007 19:17

Asunto: O Metanero "LNG Oyo", é o séptimo con destino a Reganosa, en ruta para entrar na angosta ría de Ferrol este próximo venres 7 de setiembre



O Metanero "LNG Oyo", é o séptimo con destino a Reganosa, en ruta para entrar na angosta Ría de Ferrol este próximo venres 7 de setiembre de 2007 ás 14:10 horas.

Séptimo Metanero LNG OYO PARA REGANOSA.

O séptimo metanero con destino a Reganosa, chámase LNG Oyo. Foi construído no ano 2005 nos estaleiros coreanos Hyundai Heavy Ind., ten bandeira de Bermudas e o seu propietario é BW Gas Norway Cunha eslora de 285,40 metros ten capacidade para transportar 145.914 metros cúbicos de Gas Natural Licuado, trae unha carga de 63.681 toneladas de GNL equivalentes a 127.382 m3. Vén en ruta para entrar na angosta ría de Ferrol este próximo venres 7 de setiembre de 2007 ás 14:10 horas, coa única pleamar diúrna, para repetir a ameaza á vida humana durante a súa entrada e descarga, pois este tipo de buques no caso dunha emerxencia, durante a descarga ou na súa navegación por dentro da Ría, non teñen garantida a saída ao mar, con rapidez e polos seus medios, tal e como require a norma EN-1532 que é obrigatoria para Reganosa.

Segundo acordo da última Asemblea Cidadá do pasado 9 de agosto o Comité Cidadán de Emerxencia convocará como mínimo unha cacerolada nos peiraos de Ferrol, para unha hora antes da pleamar diúrna, sen descartar outras actuacións en función dos medios dispoñibles.
_________________

____________________________

Enlaces de interese:

Comité Cidadán de Emerxencia

Ferrol-CAPE

Videoteca Anti-REGANOSA

Noticiario do Noroeste

Regadeles

galice.net

A Ría é Nosa

Aturuxo

Ferrolan@s.com

Trasancos

P. V. "O Cruceiro de Meá"

Artritis

Rompendo Muros de Silencio

Plataforma Ártabra 21
__________________

Prevista a entrada dun novo buque gaseiro na Ría de Ferrol, para este venres 7 de setembro. E sobre algúns resultados da entrevista de onte en Madrid

Onte, 4 de Setembro tivo lugar unha reunión en Madrid na sede do Ministerio de Industria, na Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, co seu titular na dirección do organismo, Jorge Sanz e coa subdelegada de Hidrocarburos, Carmen Martínez. Pola importancia da noticia transcribimos como redactan a mesma diferentes xornais nas súas edicións dixitais de hoxe.

Nas próximas horas agardamos o análise de dita reunión polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, que manterá un encontro da súa Mesa de Traballo, hoxe 5 de setembro ás 8 da tarde nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol Vello, no Porto de Ferrol. Ao mesmo tempo o Comité Cidadán tomará acordos diante da prevista entrada doutro buque gaseiro que se espera para o vindeiro venres, 7 de Setembro.



_________________

PARA ESTE VENRES 7 DE SETEMBRO, ESTÁ PREVISTA A ENTRADA DUN NOVO GASEIRO, POLO QUE TODO O MUNDO ATENTO Á CONVOCATORIA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA, POIS POR MANDATO DA ASEMBLEA CIDADÁ, TERÁ QUE TER LUGAR UNHA CONCENTRACIÓN NO PORTO DE FERROL, SEN DESCARTAR OUTRAS ACCIÓNS.
___________________


Diario de Ferrol
5 de Setembro de 2007

Industria comprométese a revisar os informes sobre Reganosa

O colectivo veciñal O Cruceiro de Mehá mostrou a súa satisfacción tras o encontro mantido con responsables da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas. Segundo os portavoces dos encerrados durante 44 días no Concello de Mugardos, o Ministerio de Industria revisará os informes sobre Reganosa.

REDACCIÓN > FERROL

Luz Mariña Torrente, presidenta da AVV O Cruceiro de Mehá, e a avogada Patricia Gabeiras mantiveron onte un encontro en Madrid co director xeral Jorge Sanz e coa subdelegada de Hidrocarburos de Industria, Carmen Martínez, no que, segundo a versión dos veciños, os representantes do ministerio mostráronse receptivos a estudar a información facilitada pola entidade en relación co procedemento de otorgamiento das autorizacións outorgadas á planta de Reganosa.

Neste sentido, os responsables ministeriais comprometéronse a revisar os informes que no seu día avalaron o funcionamento da planta de gas mugardesa, supeditado a que se cumprisen determinados condicionantes que, segundo expresan os afectados, non se tiveron en conta en posteriores autorizacións emitidas.

Entre os requisitos que condicionaban a autorización da construción da planta atopábanse o respecto ás distancias de seguridade aos núcleos de poboación e que os buques, en caso de urxencia, puidesen abandonar a ría o máis axiña posible e polos seus propios medios.

Así mesmo, os responsables de Industria aceptaron mediar cos máximos responsables do Ministerio para que o colectivo poida ser recibido polo seu titular, Joan Clos, ou ben polo secretario xeral de Enerxía, Ignaci Neto.

Ademais, continúa pendente a petición de entrevista co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. A asemblea dos afectados que iniciaron o pasado mes de xullo o peche decidiu de forma unánime continuar con esta medida de presión mentres non se produzan estes encontros.

Asemblea > Así mesmo, esta tarde manterán unha reunión co Comité Cidadán de Emerxencia ás oito no local da AVV de Ferrol Vello. A asemblea prodúcese dous días antes da chegada do próximo gasero, prevista segundo a Autoridade Portuaria para o venres.

O GNL "Ollo" chegará á planta mugardesa para descargar 63.681 toneladas de gas natural licuado. Na última asemblea cidadá, celebrada o pasado 9 de agosto, acordouse que en caso de chegada dun novo gasero realizaríase, como mínimo, unha concentración con cacerolada-tamborrada en Ferrol Vello ou en Mugardos, sen descartar a posibilidade de otrras actuacións, algunhas delas con lanchas, para realizar manifestacións por mar ou para obstaculizar a entrada dos gaseros, de forma real ou simbólica, segundo o Comité.

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol

___________

A noticia no xornal El País, por Lorena Bustabad

O Ministerio de Industria promete á veciñanza de Mugardos revisar os permisos de Reganosa

LORENA BUSTABAD - Ferrol - 05/09/2007


O Ministerio de Industria comprometeuse onte a revisar todos os permisos concedidos no seu día a Reganosa para a construción e posta en marcha dunha planta de gas en Mugardos, ao sur da ría de Ferrol. É o compromiso que os veciños de Mehá aseguran haberlle arrincado onte ao director xeral de Política Enerxética e Minas, Jorge Sanz, tras 45 días de peche no concello mugardés e unha reunión na sede ministerial.

Satisfeita pola actitude "paciente e receptiva" do director xeral de Política Enerxética, a presidenta da plataforma veciñal de Meá, Luz Torrente, regresou a Mugardos cun "importante compromiso" debaixo do brazo: a revisión de todos e cada un dos permisos outorgados no seu día a Reganosa para a construción dunha regasificadora que opera en fase de probas.

Luz Torrente e Elena Rei, veciñas da parroquia mugardesa onde se asenta a instalación, abandonaron por unhas horas a súa protesta para viaxar a Madrid acompañadas da letrada Patricia Gabeiras e cargadas "con fotos e documentos" que na súa opinión evidencian os reiterados incumprimentos da compañía gasística. "Escoitáronnos e tomaron nota de todo. Ata recoñeceron que descoñecían algúns detalles do proceso", manifestou unha das afectadas,

Os veciños sosteñen que a planta está moi próxima ás súas vivendas (a menos de 200 metros das primeiras casas habitadas) e moi lonxe dos dous quilómetros que, como mínimo, esixe a directiva europea Seveso II. Ademais, aseguran que a norma EN-1532, que regula o tráfico de buques gaseros, non se cumpre nunha ría pequena e angosta como a ferrolá. "Cada permiso concedíase en base ao anterior e así ata formar unha bóla de neve. Pedimos que se revise todo de arriba abaixo", esixiu Torrente.

Un portavoz do ministerio consultado por este diario rehusó valorar o resultado dun encontro que cualificou de ámbito estritamente privado.

Pese ao compromiso formulado por Industria, os veciños anuncian que proseguirán un peche indefinido que iniciaron o pasado 23 de xullo. "Aínda esperamos que nos reciba o presidente da Xunta e o ministro de Industria, Joan Clos", declarou a portavoz do colectivo. Mentres, Reganosa agarda este venres a chegada do seu sétimo gasero, LNG Oyo, cargado con 63.681 toneladas de gas natural licuado.

Segundo as previsións da Autoridade Portuaria de Ferrol, o metanero arribará durante a pleamar diúrna do día 7, poucas semanas despois da atracada do último buque no medio das protestas dos mariscadores ferroláns que retomaron os bloqueos en sinal de protesta pola localización da regasificadora.

Reganosa defende que a planta cumpre "estritamente" o Regulamento de Actividades Molestas (Raminp) sobre a distancia que teñen que mediar entre a regasificadora e a poboación. A empresa promotora da instalación, na que participa a Xunta, sostén que na súa construción utilizáronse as "últimas tecnoloxías" de seguridade e que a probabilidade de que ocorra "calquera incidencia" é "moi remota".

Enlace coa noticia orixinal en "El Pais"

________________________________

Reganosa considera ´moi remota´ a posibilidade de incidentes na planta

Os veciños de Mugardos afirman que a Dirección Xeral de Política Enerxética comprometeuse onte a revisar a documentación sobre a seguridade da regasificadora.

REDACCIÓN Redacción.Ferrol

Reganosa asegurou onte que a planta de gas de Mugardos cumpre "estritamente" a normativa sobre a distancia que debe existir entre a regasificadora e a poboación e cualificou de "moi remota" a posibilidade de incidentes na instalación.

A empresa explicou onte que tanto o cumprimento do Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas (Raminp) como o uso de "modernas" tecnoloxías garanten que calquera incidencia na planta sexa pouco probable e afirma que, en todo caso, "os seus efectos limitaríanse ao propio recinto da terminal".

Reganosa informa nun comunicado de que o Raminp sinala nos seus artigos 5 e 20 que os 2.000 metros de distancia mínima entre a planta gasística e o núcleo de poboación establecidos no artigo 4 son unha distancia "orientativa" e non exixible en todos os proxectos, "a condición de que se adopten as medidas que se requiran en cada caso".

A compañía considera que ditas medidas quedaron establecidas nos reais decretos 1254/1999 e 1196/2003. O artigo 12 do primeiro fixa que os órganos competentes, neste caso a Xunta, serán os que determinen as distancias adecuadas á poboación, tras a elaboración dun estudo de seguridade.

No caso de Reganosa, o estudo pertinente foi elaborado, segundo a empresa, "por unha entidade independente e de prestixio", e avalado polo Executivo galego, que o aprobou este ano. A investigación estableceu que as "áreas vulnerables na zona terrestre non afectan á poboación", xa que se atopan dentro dos límites de Reganosa e da empresa lindeira, Forestal do Atlántico.

Reganosa tamén fai referencia ao segundo requisito establecido no artigo 4 do Raminp, que esixe que a localización dunha planta de regasificación atéñase ás ordenanzas municipais e aos plans de urbanismo.

A regasificadora manifesta que as súas instalacións atópase nunha zona cualificada no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PGOM) de Mugardos como chan urbano industrial G, que permite, expresamente, "o almacenamento e regasificación de gas natural licuado". "Polo tanto, segundo a normativa municipal, a localización da planta é correcta", destaca Reganosa.

Por outra banda, o vindeiro venres chegará a Reganosa o buque LNG Oyo con 63.681 toneladas de gas natural licuado. Será o sétimo que descargue na planta tras o inicio da súa fase en probas, o pasado 9 de maio.

Continúa o peche

Os veciños de Mugardos que se opón á planta de gas mostráronse onte "satisfeitos" coa reunión mantida en Madrid con representantes da Dirección de Política Enerxética e Minas e confían en que o organismo revise a documentación sobre a seguridade das instalacións. Aínda así, anunciaron que continuarán co peche de protesta iniciado no concello fai 44 días.

A portavoz dos afectados, Luz Mariña Torrente, manifestou a súa "satisfacción" polo encontro, que se prolongou durante dúas horas e media, e no que os representantes de Política Enerxética escoitaron "sen présas" e de modo "moi receptivo" os seus argumentos sobre a falta de seguridade da planta de gas. Segundo afirmou, a Dirección de Política Enerxética comprometeuse a revisar a documentación existente sobre a seguridade de Reganosa para constatar se cumpre cos condicionantes que se impuxeron para o funcionamento da planta.

Os veciños denuncian que Reganosa incumpre os requisitos establecidos na autorización concedida pola Dirección Xeral en 2002 e aseguran que a instalación incumpre a distancia mínima á poboación esixida na Lei Seveso II e no Regulamento de Actividades Molestas, así como que non acredita a saída a mar aberto dos gaseros en caso de accidente -reclamada na norma EN-1532-.

Luz Mariña Torrente afirmou que os representantes de Política Enerxética confirmaron que os veciños serán recibidos polo secretario do Ministerio de Industria ou o propio ministro, Joan Clos, "canto antes".

Enlace coa noticia orixinal en "La Opianión de A Coruña"

____________________________

Comunicado da Platafroma Veciñal "O Cruceiro de Meá" sobre a reunión mantida en Madrid na sede do Ministerio de Industria

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de Setembro de 2007 23:00
Asunto: Reunión en Madrid na sede do Ministerio de Industria



Logo de 43 días de peche unha representación da Asociación de Vecinos Do Cruceiro de Mehá foi recibida polos máximos responsables da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do Ministerio de Industria.

Os responsables do Ministerio mostráronse realmente receptivos á información facilitada pola Asociación en relación co gran número de irregularidades cometidas no procedemento de otorgamiento das sucesivas autorizacións que, de forma fraudulenta, veu obtendo REGANOSA e comprometéronse a estudar a posibilidade de volver solicitar informe a todos os organismos sustantivamente competentes -e que no seu día informaron a favor da Planta, sempre que se cumprisen determinadas condicións- para que, con carácter previo ao otorgamiento do permiso de posta en funcionamento, pronúnciense sobre se, efectivamente, a Planta construída é respectuosa cos requisitos que se lle impuxeron. Habemos de recordar que a autorización de construción da Planta condicionouse, entre outras cuestións, a que se respectasen as distancias de seguridade aos nucleos de poboación e a que os buques, en caso de urxencia, puidesen abandonar a Ría o máis axiña posible e polos seus propios medios.

Así mesmo, os responsables do Ministerio de Industria aceptaron elevar a solicitude da Asociación de ser recibidos, ben polo Secretario Xeral de Enerxía, ben polo Propio Ministro, Sr. Clos. Neste sentido desde a Asociación informouse da decisión adoptada de forma unánime polos veciños de continuar co peche en tanto non se produzan estes encontros.

PLANTA DE GAS FORA DA RIA

PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/

VENCEREMOS
___________________

segunda-feira, 3 de setembro de 2007

Apropósito da entrevista concedida coa Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, o vindeiro día 4 de Setembro

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 2 de Setembro de 2007 02:02

Asunto: Apropósito da entrevista concedida coa Dirección Xeral de Política Eergética e Minas, o vindeiro día 4 de Setembro.



A continuación e para quen non coñezan que para o próximo martes tendra lugar unha entrevista coa Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, a continuación transmítese o email recibido do colectivo de veciñas e veciños de Mugardos, que levan 42 días encerrados na Casa do seu Concello e que son os máis directamente afectados por ter a súa casa-morada máis perto (entre 100 metros e 600 metros de distancia) da Planta de Gas que constrúe a Empresa Reganosa.


UN POUCO DE HISTORIA

O peche como xa sabereis iniciouse o 23 de xullo, por acordo da Asemblea da Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meha" (Mugardos), unha das 50 Asociacións integradas no Comité Cidadán de Emerxencia. A Presidenta de devandita Plataforma, Luz Mariña Torrente e a Tesoureira, forman parte do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol desde a súa constitución en xullo de 2001.


OS PONTOS QUE VAI LEVAR A PLATAFORMA VECIÑAL A MADRID

Os puntos que se definen no email que envian, inclúen dous condicionados imposibles de resolver que ten a autorización de construción de Reganosa según vimos definindo e expondo no Comite Cidadán de Emerxencia desde a primavera do ano 2006 e que neste ano 2007 serven de base en varios escritos enviados directamente ao Ministro de Industria ou a través do Delegado do Goberno, solicitando que non sexa autorizada o acta de explotación comercial de Reganosa ou de funcionamento definitivo, deixando expresamente dito que tales condicionados son imposibles de resolver por Reganosa coa localización que elixiu dentro da Ría de Ferrol.


OS CONDICIONADOS E A TRAMPA

Desde o CCE solicitamos que a Reganosa non lle sexa autorizada a súa entrada en funcionameinto, tamén en base á irregularidade do procedemento de autorización de construción aprobado o 13 de febreiro de 2004 pola Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas (DGEyM), oganismo ao que compete que ditos condicionados esten acreditados segundo require o articulo 67 da lei 34/1988 de hidrocarburos. En febreiro de 2004, a un mes das eleccións xerais, foi tal a presión que fixo o Sr. Fraga que desde o Goberno Central non repararon en dar a autorización de construción a Reganosa deixando pendente a verificacion deses condicionados que según a lei 34/1988 debe estar resolta antes da autorización de construción. Así en febreiro de 2004, a trampa urdida polos fontaneiros do PP presionados por Fraga, consistiu en deixar eses condicionados sen acreditar e traspasar a súa verificación a un organismo provincial periférico que se chama Area de Industria e Enerxia da Coruña, onde por outra banda non teñen infraestrutura para tal verificación ademais de que tal acreditación debe ser feita antes de dar tal autorización de construción. A trampa consiste xa que logo en traspasar a ese organismo provincial periférico unha competencia que ten a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas e que ese organismo provincial sen medios para tal revificaión véxase obrigado a depender das certificacións que lle presente Reganosa, a cal nestes momentos aínda non solicitou o acta de explotación comercial, presentou só certificacións parciais dos disitintos componentes da instalación pero non presentou acreditación algunha de ter resoltos devanditos condicionados que aparecen definidos nos informes de varios organismos, entre eles os informes da Dirección Xeral de Urbanismo de 22 de xaneiro de 2004 sobre o artiglo 12 da directiva Seveso II e distancias á poboacion, así mesmo os informes da Autoridade Portuaria de 31/10/2001 e 22/01/2004 en relación coa saída ao mar en caso de emerxencia dos gaseiros polos seus propios medios e con rapidez tal e como require a norna EN-1532.


IMPOSIBILIDADE DE RESOLVER OS CONDICIONADOS

En resumo eses condicioandos deben estar resoltos antes da autorización de construción e non debe mezclarselos nin trasladalos aos pasos ou pautas do acta de explotación ou atorización defintiva, Informe de seguridade, Plan de Emerxencia exterior, etc, nos que a lei dá por feito que aqueles condicionados xa foron acreditados ou resoltos previamente á autorización de Cosntrucion. Dito doutro mo do dentro da Ría de Ferrol é imposible resolver as distancias á población ou a saída ao mar de emerxencia, polo tanto non se trata de que a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas asegúrense do cumpliento de aqueles condicionados, se non de que "caian da burra" de que é imposible cumprimentalos e polo tanto non deberían ser trasladados ao Area de Industria e Eenerxia da Coruña.


ACTA IRREGULAR DE FUNCIONAMENTO EN PROBAS

Reganosa ten desde o 4 de maio unha acta irregualar de probas por tres meses, prorrogada o 8 de agosto por outros tres meses máis. Máis non ten autorización definitiva. A Dirección de Política Enerxética e Minas así como o Ministro de Industria teñen desde a primavera de 2006 ata agosto de 2007 polo menos uns cinco escritos aos que non responderon e nos que se lles fundamenta con detalle que non debe ser autorizada a entrada en funcionamento definitivo a Reganosa en base a que lle é imposible resolver os condicionados de distancias á poboación e de saída de emerxencia de buques gaseiros.


A EVIDENCIA DE QUE A VÍA ADMINISTRATIVA SEGUE ABERTA

A DGEyM concedeu esta entarevista á veciñanza de Mugardos encerrados, o cal é unha evidencia de que a via administrativa sigue viva polo feito de que Reganosa é unha ameaza para a vida humana de máis de 100.000 persoas que vivimos na Ría de Ferrol. Ao mesmo tempo é unha evidencia de que a mobilización cidadá destes últimos anos, despois de que na primavera pasada rompeu os muros de silencio, deu paso a unha fase na que as autoridades competentes deben entrar en razon e ver por onde poden buscar os puntos débiles da trama de Reganosa, que os hai, a fin de paralizar a súa ameaza á vida humana, á riqueza natural e marisqueira, ao potencial turístico e patrimonio histórico, etc.


A IMPORTANCIA DA ACCIÓN DA XENTE DO MAR

Á xente do mar da Ría de Ferrol temos que agradecer-lles a súa contribución a romper os muros de silencio. Fixérono como parte do Colectivo integrado no Comité Cidadán de Eemerxencia para a Ría de Ferrol na actuación global para paralizar a ameaza de Reganosa e para que a Planta de Gas de Galicia sitúase no Porto Exterior ou en mar aberto do Golfo Ártabro. Tamén abriron unha vía de diálogo coa Xunta de Galicia para que se faga cargo dos danos e prexuízos que Reganosa vén provocando aos traballadores do mar na Ría de Ferrol.


A ACCIÓN DIRECTA DA VECIÑANZA DE MUGARDOS

Á veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos temos que agradecer-lles o seu sacrificio e os seus avances en pautas de mobilización e organización de actividades no seu peche, co que veñen protagonizando unha moi importante loita proxectando mediaticamente o problema de Reganosa e asumiento a entrevista coa DGEyM levando as formulacións globais do CCE.

A MANIFESTACIÓN DO VINDEIRO 30 DE SETEMBRO

Todo isto enmárcase así mesmo nas distintas actuacións que veñen realizando nos meses de xullo, agosto, de recollida de firmas etc, e outras cunha gran manifestación o domingo 30 deste mes de setembro, reclamando que non sexa autorizada a entrada en funcionamento definitivo de Reganosa.

Saúdos cordiais.
Carmelo Teixeiro

O seu correo electrónico é:
comitecidadan@iespana.es

A súa web:
http://comitecidadan.org/
________