Apesar dunha mañá chuviosa, os ánimos non decaeron e o día tornou-se claro a partir das once da mañá. Os elementos deron-nos unha tregua e a manifestación puido coller cor e esplendor. A Asociación Veciñal de Ferrol Vello, engalanou a súa fachada con bandeiras da dignidade, e a música saía das xanelas do local social, animando a concentración que enchia o paseo do porto ferrolán. A xente aproveitaba para comprar as chapas, camisolas vermellas e bandeiras nos postos do Comité Cidadán. Muitas foron as persoas que secundaron a convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. O Porto de Ferrol tinxido de cores, mais o vermello da bandeira da dignidade predominaba en todo o percorrido até a Praza do Concello. Multitude de persoas berrando consignas contra a planta de gas de REGANOSA. A Praza do Concello ateigada de xente; multitude de faixas e bandeiras; as primeiras palabras de Luz Mariña, portavoz da veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos; ánimos e chamadas a continuar a loita contra o despropósito gasístico; a convizon de ter a razon é a nosa forza. Montse Garel foi a encarregada de leer un longo comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia, rematando a lectura do manifesto coa seguinte idea: “É hora de que os organismos competentes poñan fin ao perigo que supón Reganosa. É o momento de que unha decisión administrativa ou política non autorice o funcionamento, pois é imposible que Reganosa cumpra os condicionados. Aínda estamos a tempo de evitar unha catástrofe con miles de víctimas.”PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
A mobilización contou cun importante apoio de movimentos cidadáns doutras partes do País que sofren a agresión medioambiental e a paranoia do productivismo a toda consta, nun mundo de recursos limitados. A manifestación, contou nalgúns casos con nutridas representacións de colectivos como os da defensa do Courel; os da comarca do Ribeiro; os de Oseiro-Arteixo; os da Ría de Arousa, da de Vigo e da Ría de Pontevedra; os das Encrovas-ALousa-Cerceda; os da Merza-Vila de Cruces; ...
O apoio e presencia na manifestación foi moi importante de grupos comprometidos coa causa, a veciñanza pechada na casa do Concello de Mugardos e a Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"; a nosa Plataforma Ártabra 21; ecoloxistas de diferente cor ADEGA, VERDEGAIA, GREEPACE...; anarquistas reivindicando a "DEMOLIZÓN"; independentistas sinalando "CULPÁVEIS e RESPONSÁVEIS"; asociacións veciñais de toda a comarca; Esquerda Unida e as concelleiras e concelleiros do seu grupo municipal; militantes socialistas, comunistas, nacionalistas, de CCOO; ... a USTG; ... a CIG-SAÚDE e da oposición sindical a REGANOSA; ... A Cofradía de Pescadores; colectivos culturais a Fundaçom Ártabria, a A.C. Fuco Buxan; ... e a música puxeron-na a charanga AGresca de Cerceda e A Revolta de Trasancos. Seguro que quedan colectivos e entidades varias por nomear, quen se sinta agraviad@ que envie un correio-e e @ nomearemos.
Con esta manifestación o movimento cidadán, botou un novo pulso a REGANOSA que conta con complicidades institucionais, políticas e sindicais aos que non lles importa traizoar os intereses da cidadanía. O movimento popular ten que facer fronte a grandes poderes políticos e económicos que contan cunha importante cobertura e apoio mediático. Polo que nos queda facer un grande esforzo de información e concienciación da cidadanía, dicer, convencer, de que NUNCA É TARDE, para defender a Ría, a seguridade e a vida que podemos virar-lle o pulso definitivo a REGANOSA, con unidade, organización e loita.
Agora cumpre reunir-se, para avaliar o feito e o estado da situación, preparar un novo calendario de actividades e mobilizacións. O Comitá Cidadán de Emerxencia ten que poñer-lle data a Asemblea Cidadá.
Enlace á Galería de Diapositivos, para ve-los ampliados na xanela chea
____
Galería fotográfica da manifestación de Ferrol [30.09.2007]
Copia este código por se che apetece poñer a galería fotográfica da manifestación de Ferrol no teu blog ou web
____________
Información de interese e moi boa galería fotográfica en Zero Vacas, non a perdas
_______________
A manifestación segundo Rádio Filispím.
Rádio FilispiM cubriu a manifestaçom do día 30 cum programa especial de duas horas no que podedes escoitar comentários dos manifestantes e a leitura do comunicado final.
Luns [Segunda-Feira]: 15:00hs.
Mércores [Quarta-Feira: 16:00hs.
Venres [Sexta-Feira: 08:00hs.
Domingo: 15:00hs.
emite no 93.9 da FM
e póde-se escoitar em moitas partes da
Comarca de Trasancos.
_________________
Diario de Ferrol
Vieiros
La Opinión de A Coruña
GZNacion
NoticiasGalicia
Xeneración Web
Galica Hoxe
El Correo Gallego
TVG Noticiario da Tarde
RadioFusión
El País
_____________
Nenhum comentário:
Postar um comentário