A ria e nosa e non de REGANOSA

sábado, 11 de agosto de 2007

Acto de protesta ante J. L. Méndez Romeu e mobilización de solidariedade da xente do mar coa veciñanza de Mugardos na súa loita contra REGANOSA

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 11 de Agosto de 2007 01:34

Asunto: Actividades do Comité Cidadán e da Cofradía de Pescadores de Ferrol



Unha gran pancarta co lema ¡Planta de Gas fóra da Ría!, foi despregada onte, 10 de agosto, ás 12,30 horas diante de José Luís Méndez Romeu, Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do que depende Protección Civil de Galicia, mentres interviña no Castelo de San Felipe en Ferrol.

Por outra banda un grupo de mariscadores de Ferrol, ás 13:30 horas foron por mar coas súas lanchas ata Mugardos para amosar a súa solidariedade e apoio á veciñanza que ocupa a Casa do Concello desde o pasado 23 de xullo.

O organismo autonómico Protección Civil de Galicia depende da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza cuxo titular é José Luís Méndez Romeu, quen hoxe interveu nun acto no Castelo de San Felipe en Ferrol, no patio onde fai 71 anos foi fusilado Xaime Quintanilla, que fora Alcalde socialista en Ferrol ata o ano 1934. No acto de homenaxe celebrada hoxe que se iniciou pouco despois das 12 do mediodía, logo da intervención da Concelleira de Cultura Yolanda Díaz e do Alcalde de Ferrol Vicente Irisarri, cando comezaba a intervención de José Luís Méndez Romeu, un grupo de compoñentes da Asemblea Cidadá e do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, enfronte a uns quince metros de distancia, despregou unha pancarta duns dez metros de longo por un metro e medio de alto, na que con letras vermellas podíase ler o lema ¡Planta de Gas Fora dá Ría!. Así mesmo outras persoas despregadas dúas bandeiras de fondo vermello, co mesmo lema, que estes dias estanse difundindo pola Ría de Ferrol.

O ente autonómico Protección Civil de Galicia aprobou recentemente un Plan de Emerxencia Exterior para Reganosa, a propósito de que coa localización de Reganosa dentro da Ría de Ferrol ningún Plan de Emerxencia Exterior serve para previr o risco de catástrofe e as miles de victimas que pode provocar a actividade dunha Planta de Gas moi próxima á poboación e sen existir garantía de que os buques gaseros cargados de gas natural licuado poidan saír ao mar polos seus propios medios e con rapidez en caso de emerxencia segundo require a normativa aplicable. En atención a natureza do acto, a protesta limitouse a exibir as pancartas sen as habituais voces de ¡Planta de Gas fora dá Ría!.

Por outra banda un grupo de lanchas de mariscadores de Ferrol acompañados de membros da Asemblea Cidadá e de Comité Cidadán de Emerxencia, ás 13:30 hrs desprazáronse por mar ata Mugardos, para visitar e saudar aos veciños encerrados na casa do Concello, percorrendo as rúas de Mugardos con megáfonos e voces que, a quen atopaban ao seu paso nas terrazas dos bares e nas casas, anunciaban ían visitar aos veciños encerrados, así mesmo con lemas como ¡Planta de Gas Fora dá Ría! e tamén o de ¡Mugardos escoita Meha somos todos!. Entre os mariscadores ían varios membros do Cabildo da Confraría de Mariscadores de Ferrol, entre eles o seu Patron Maior Bernardo Bastida, quen a través dun megáfono manifestou que estaba alí para saudar aos veciños e veciñas encerrados e que todo o colectivo de afectados por Reganosa na Ría de Ferrol, entre eles tamén os mariscadores e mariscadporas, seguirían mobilizándose co lema ¡Planta de Gas fóra dá Ría!.


Carmelo Teixeiro

Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
___________________

Nenhum comentário: