A ria e nosa e non de REGANOSA

quinta-feira, 16 de agosto de 2007

Proxecto facer novo porto deportivo en Cedeira, entrada novo metaneiro, apoio veciñanza de Mugardos, ...

De: Adega-Trasancos Antonio Gª -angaji@yahoo.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 15 de Agosto de 2007 18:15

Asunto: Proxecto facer novo porto deportivo en Cedeira, entrada novo metaneiro, apoio veciñanza de Mugardos, ...



Proxecto facer novo porto deportivo en Cedeira, entrada novo metaneiro, apoio veciñanza de Mugardos, ...

Queridos/as compañeiros/as: Espero que esteades moi ben e pasando un bó verán ....¡sen lumes..!!!

Unhas cousas:

-saíu a exposición pública o proxecto de facer un novo porto deportivo en Cedeira (DOG 13.8) (embaixo vai o texto): valoralo por se poden presentar alegacions, e ver se non fan máis desfeitas pola Ría de Cedeira

-seguen as actividades de apoio á veciñanza pechada polo asunto planta de gas en Mugardos

*e hai previsión nova entrada de novo gaseiro o xoves día 16 ás 19,23: dende as 18,30 temos concentración no peirao de Ferrol, para cacerolada, e seguramente para algunha acción sorpresa.

CONCENTRACIÓN
Xoves 16 de Agosto

Ás 18:30 hrs, no Porto de Ferrol,
para protestar pola entrada na Ría,
dun novo buque gaseiro,
cargado de GNL,
para REGANOSA

Acude á concentración
con cacerolas ou
elementros de percusión

Participa !!


Convoca:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

*seguimos cos apoios a veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos. Xa teñen páxina web (blog) http://ocruceiromeha.blogspot.es e o correo é: ocruceiromeha@yahoo.es .

-Novo éxito do ecoloxismo local: Rexeitado o proxecto para facer un campo de golf en Covas-Marmadeiro: ¡imos que nos saímos!! (entre o de Menáncaro, Brión, campo de golf, proxecto ríos, . ¡non paramos de ter éxitos por un tubo!!

Unha aperta e sigades pasando un bó verán


Antonio Gª
Adega-Trasancos

Enlaces de interese:

_________

Diario Oficial de Galicia
luns, 13 de agosto de 2007

VI. ANUNCIOS

Resolución do 16 de maio de 2007 pola que se somete a información pública o proxecto de execución e o estudo de impacto ambiental de instalacións náutico -deportivas en Cedeira, no concello de Cedeira (A Coruña) e promovido pola UTE Comercial Internacional, S.L. e Bardera, S.L.

O 28 de decembro de 2005, o presidente de Portos de Galicia acordou a adxudicación do concurso aberto para a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión de ocupación de dominio público portuario do porto de Cedeira (A Coruña) para a construción e explotación de instalacións para a navegación recreativa, a favor da Unión Temporal de Empresas Comercial Internacional, S.L. e Bardera, S.L., autorizando o inicio da tramitación correspondente de acordo co previsto na lexislación vixente en materia de concesións no dominio público marítimo terrestre.

Polo que, de acordo coa lexislación vixente, faise público o proxecto de execución de instalacións náutico deportivas en Cedeira subscrito en xaneiro de 2007 pola enxeñeira de camiños, canles e portos Enma Mª Viqueira Cruz para que entidades, corporacións ou particulares interesados poidan presentar por escrito as reclamacións que consideren oportunas, no prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nos servizos centrais do ente público Portos de Galicia, sito na praza de Europa 5A-6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, onde poderán examinar a documentación correspondente durante o prazo indicado e nos días hábiles das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, en cumprimento dos acordos existentes coa Consellería de Medio Ambiente e durante o prazo de trinta (30) días hábiles, o órgano substantivo someterá o estudo de impacto ambiental ao trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública o proxecto de execución e o estudo de impacto ambiental do proxecto de execución de instalacións náutico deportivas en Cedeira, situado no concello de Cedeira, provincia da Coruña.

Segundo.-Para os efectos informativos, poranse ao dispor dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Nos servizos centrais do ente público Portos de Galicia, en Santiago de Compostela.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente na provincia da Coruña.

-Concello de Cedeira.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante un prazo de trinta (30) días contados a partir do seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2007.

(Orde CPTOPT de substitución, 3-5-2007, DOG nº 86, do 4 de maio)

Mar Chao López
Presidenta de Portos de Galicia
_____________________________

Nenhum comentário: