
O
Akwa Ibom, sexto metaneiro con destino a Reganosa cargado de GNL, ao final non entrou na Ría de Ferrol, por supostas razons técnicas. A súa chegada ao Golfo Ártabro está prevista para esta madrugada e a entrada na Ría, aproximadamente, para as 8 da mañá. O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, decideu manter a convocatoria desta tarde, onde participaron un número importante de persoas. A cacerolada durou máis de media hora de continua percusión de protesta pola ilegal entrada do gaseiro cargado de gas natural liquado procedente de Nixeria.

A convocatoria foi un grande éxito o que demostra que a cidadanía non está disposta a deixarse coacionar polo poder económico que ten secuestrado ao poder político que goberna en Compostela, cómplice da actual situación de apoio a REGANOSA.
O Comité Cidadán de Emerxencia, interpuxo unha
denuncia no xulgado de garda de Ferrol, contra a entrada do gaseiro na Ría de Ferrol, pois o "ilegal" permiso de funcionamento en probas que lle deron a REGANOSA, remataba este 4 de agosto, data na que

se cumprían os tres meses do "ilegal" período de proba.
Este venres, 17 de Agosto, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ten convocada unha nova concentración cidadán ás 7 e 1/2 da mañá no Porto de Ferrol, para amosar a nosa protesta pola chegada do Akwa Ibom con GNL, para REGANOSA.___________________
Nenhum comentário:
Postar um comentário