Non nos cansaremos de repetir eses argumentos unha e outra vez, polo irracional da actitude da Xunta de Galicia que en vez de mirar pola seguridade da poboación, pola vida das persoas, pola legalidade, pola defensa da Ría, amparandose en sospeitosos motivos estratéxicos, só miran polos intereses do capital, avalando un pacto ilegal, "confidencial"e corrupto entre a anterior administración Fraga e os promotores do despropósito gasístico, poñendose ao servizo de grandes multinacionais e grupos empresariais e financieiros que o seu fundamental obxectivo é o máximo beneficio, custe o que custe.
A demolición deses "muros de silencio"comezouna a xente do mar o pasado 9 de Maio, ao impedir que o Galicia Spirit entrara na Ría e continuou coas posteriores mobilizacións e intentos de que os buques gaseiros non entraran na Ría, coas continuas mobilizacións no porto e ante os Xulgados sofrindo unha desproporcionada e violenta carga policial. Na grande manifestación do pasado 3 de xuño, onde miles de persoas dixeron non a unha planta de gas dentro da Ría e non á represión sobre o movimento opositor a dita planta regasificadora. Na marcha que a xente

A marcha pola vila de Mugardos transcurreu, con caceroladas, percusión e música, mais con berros reivindicativos e de indignación, ante o abuso e a corrupción. Ao final da marcha diante da Casa do Concello, realizouse un simulacro de accidente, falando con posterioridade o Coordenador do Comité Cidadán, Carmelo Teixeiro e como final do Acto Reivindicativo e Solidario, falou Luz Marina Torrente, presidenta da Asociación Veciñal de Mehá e
_________________________
Galería de Fotos da Marcha en Solidariedade coa veciñanza de Mehá e A Pedreira
Nota.- En poucos día editaremos un video do acto
_____________________
BANDEIRA [90x70 cm] QUE ESTÁ A VENDA POR 1 €
Editamos: 3.000 unidades
Costaronnos: 1.624 €
Podeste facer con elas nas asociacións veciñais de Mehá-Mugardos, O Rosario-Inferniño, Caranza, Fontelonga-Esteiro e Ferrol-Vello, tamén na Tenda da Copoperativa de Cosumo Responsábel A Xoaniña, na Rúa Venezuela nº78 en Ferrol e tamén chamando ao telemóbel 652 201 003.
FAITE COA TÚA BANDEIRA DE OPOSICIÓN A REGANOSA E PONNA NA FACHADA, XANELA OU BALCÓN DA TÚA CASA.
NON DEIXES DE FACELO, É MOI IMPORTANTE EXTERIORIZAR A OPOSICIÓN Á, ILEGAL E PERIGOSA, PLANTA DE GAS QUE REGANOSA INSTALOU DENTRO DA RÍA .
______________
Nenhum comentário:
Postar um comentário