A ria e nosa e non de REGANOSA

domingo, 19 de agosto de 2007

Manuel Rivas: "O traslado de Reganosa é inevitable"

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de Agosto de 2007 11:08
Asunto: Manuel Rivas: "O traslado de Reganosa é inevitable"


FERROL
Manuel Rivas: "O traslado de Reganosa é inevitable"
O escritor e xornalista coruñés visitou onte os veciños de Mihá, que permanecen concentrados no concello de Mugardos e criticou "a teimosía dos poderes públicos en dar por pechado o problema" da planta regasificadora ·· "É un erro que só atrasará a súa marcha ó Porto Exerior",dixo.
EURPA PRESS . FERROL

O escritor e xornalista Manuel Rivas asegurou onte que "a teimosía dos poderes públicos en dar por pechado o problema de Reganosa" é "un erro que atrasará a solución inevitable do seu traslado".

Rivas, durante a visita que hoxe realizou ós veciños de Mehá que permanecen encerrados desde o pasado 23 de xullo no Concello de Mugardos (A Coruña) en contra do Plan de Urxencia Exterior de Reganosa, declarou que a deste colectivo "é unha causa moi xusta" e considerou que "todo o mundo é consciente deste erro e disparate".

O escritor, que acompañou os veciños durante boa parte da xornada, afirmou que "quen está representando os intereses públicos son eles" e que a localización de Reganosa no interior da ría de Ferrol é "un disparate ecolóxico irracional, por existir a alternativa do porto exterior".

Manuel Rivas observou a problemática como "un thriller, con cousas inexplicables, segredos e movementos estraños" e distinguiu ata tres fases na historia do conflito: "unha primeira de silencio forzado, unha segunda na que se intentou ridiculizar os argumentos populares e agora unha fase nova, na que se hai que enfrontar coa realidade" e deixar de improvisasr argumentos incribles.

Neste sentido, Rivas aseverou que a sociedade está "recoñecendo o absurdo" e advertiu de que "non se pode converter a ría nun nicho neocolonial aproveitándose da crise que viviu a zona". En referencia ó colectivo encerrado en Mugardos, o escritor e xornalista engadiu que "encarnan o pensar dunha maioría da poboación" e mostrouse "convencido de que se imporá a xustiza".

Protestas na ría de Ferrol durante a entrada do último barco de gas FOTO: kiko delgado
Protestas na ría de Ferrol durante a entrada do último barco de gas
FOTO: kiko delgado



Na loita entre David e Goliat, o pequeno "ten a razón"


Manuel Rivas, utilizando o símil da loita entre David e Goliat, dixo que "David ten a razón" e que os políticos "non deben pedir o apoio do pobo para un cambio e despois poñer a orella ante os poderes privados".

Así mesmo, considerou que a entrada de buques na ría cara a Reganosa provoca un "teatro do absurdo, con portos precintados nun estado de excepción", observando que a poboación afectada "se trata de bucaneiros". Así, recordando a Mahatma Gandhi, "queren ridiculizar o pobo, pero queda outra fase, na que terán que entrar en razón".

Pola súa banda, Luz Mariña Torrente, portavoz dos veciños, dixo que Manuel Rivas "entendeunos como un máis, entende e comparte o noso problema e dános os parabéns".

Antonte pola noite, sobre as 21 horas, o último barco gaseiro ata o momento conseguiu entrar na ría de Ferrol pese a resistencia cidadá. Recibiu a sonora asubiada de 500 persoas.
PROTESTA

Marcha cidadá o 24 de agosto

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convocou para o 24 de agosto, unha marcha cidadá á localidade de Mugardos (A Coruña), onde se sitúa a planta regasificadora de Reganosa, en protesta contra a situación desta nesta localización interior da ría.

Esta camiñada de 17 quilómetros en contra de Reganosa súmase á iniciativa dos veciños encerrados no Concello de Mugardos e ás numerosas iniciativas cidadás dos últimos meses en protesta pola situación da planta regasificadora. Antonte, os mariscadores impediron temporalmente a entrada dun barco gaseiro.
______________

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal
______________

Artigos PA21

___________

Nenhum comentário: