A ria e nosa e non de REGANOSA

quinta-feira, 30 de agosto de 2007

A veciñanza contraria a Reganosa, pechada en Mugardos critican que a Xunta e Goberno central "dean continuidade a unha cacicada de Fraga"

Noticia públicada no xornal dixital noticiasgalicia, de interese, pois recolle declaracións de portavoces da veciñanza pechada en Mugardos a axencia de noticias EuropaPress, logo das declaracións do expresidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga. Como sobre as filtracións de gas no gaseoducto ao seu paso polo concello de cabanas.

A veciñanza contraria a Reganosa, pechada noa Casa do Concello de Mugardos critican que a Xunta e Goberno central "dean continuidade a unha cacicada de Fraga"

noticiasgalicia.29/08/07.- A Plataforma Veciñal de Mehá, contraria á instalación de Reganosa en Mugardos (A Coruña), criticou que os gobernos autonómico e central "dean continuidade" á regasificadora, un proxecto que definen como "unha cacicada de Manuel Fraga". O ex presidente da Xunta de Galicia considerou onte nun acto celebrado en Cabanas (A Coruña) que Reganosa foi "un dos seus principais logros" ao longo dos seus dezaseis anos á fronte do Executivo autonómico.

Luz Mariña Torrente, portavoz do colectivo veciñal, admitiu a Europa Press que Fraga, ao "xestar" o proxecto poida "sentirse orgulloso", pero criticou que os actuais executivos central e galego "dean continuidade a Reganosa" e preguntouse "se senten orgullosos dunha cacicada".

Torrente inquiriu ás administracións sobre "que fan os gobernos" e se "senten tamén orgullosos da fazaña de Fraga", denunciando que "seguen adiante" con esta planta. En referencia ás críticas do senador do PP ás protestas veciñais contra Reganosa, dixo que "fai anos que empezamos as protestas, antes de que se puxese a primeira pedra", á vez que advertiu de "se quixesen diñeiro, venderían antes".

Así mesmo, a dirixente veciñal acusou de "gravísimo" unha filtración de gas que onte tivo lugar no tramo de gasoduto que abastece a Reganosa ao seu paso por Cabanas (A Coruña). Luz Mariña Torrente criticou que o feito "tratouse con tanta naturalidade e tranquilidade" e recriminou a falta de información pública sobre incidentes deste tipo. "Sácase importancia a algo que ten moita", lamentou, á vez que asegurou "tómannos como bobos ao dicir que a filtración débese a un cambio de temperatura", feito ante o que recoñeceu que os veciños móstranse "alarmados". De igual modo, preguntou que retén permanente ten Reganosa para estes sucesos.

A compañía atribuíu o incidente a unha filtración de moléculas de gas natural ao exterior, aínda que destacou que a cantidade de combustible que se escapou desde o gaseoducto foi de "pouca importancia" e que o incidente tivo lugar en ausencia de vivendas na contorna.

Enlace coa noticia orixinal en Noticias de Galicia

________________________

Nenhum comentário: