A ria e nosa e non de REGANOSA

quinta-feira, 23 de agosto de 2007

Un mes de peche, un mes de loita, un mes de solidariedade

LOGO DUN MES DE PECHE

Mugardos a 23 agosto 2007

Despois dun mes de peche no concello de Mugardos (lembrade o 23 de Xullo), os veciños e veciñas pechados con carácter indefinido para, deste xeito protestar pola localización da Planta de Gas no interior da ría de Ferrol (REGANOSA), queremos agradecervos todas as palabras de solidariedade e ánimo que nos fixéchedes chegar día a día, e sen as cales, case con absoluta seguridades, non poderíamos aguantar tanto tempo.

Queremos decirvos con isto que, non desfalezamos, que a loita e dura, longa e o inimigo moi poderoso. Mais nós somos os que estamos en posesión da verdade, da racionalidade; somos un colectivo soberano e testazudo, como dixo un bo amigo noso: Somos esa maldita almorrá no cu de REGANOSA!!.

Lembrade que mañán é a marcha ás 16:00 horas desde o peirao de Ferrol ata o concello de Mugardos e que nos gustaría estar con todos vós.

Sabede tamén que o vindeiro sábado iremos A FONSAGRADA para que o Presidente do goberno español tome conciencia, coa nosa presenza, dos perigos a que ten exposta á poboación que vive na ría de Ferrol. Lémbrome, cando Zapatero gañou as eleccións xerais que un galego lle berrou: ¡¡¡ZAPATERO NO NOS FALLES!!!.

Esa mesma mensaxe é, a que a nosa presenza quere darlle a entender, xa que, están a poñernos unha bomba no noso Xardín.

Compañeiras e compañeiros, amigos e amigas, asociacións veciñais e demais colectivos que nos apoiades, a todos vos un abrazo de amizade e solidariedade destas veciñas e veciños que pelexan pola dignidade e a legalidade, de xeito conxunto con todos vós.

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !
A RÍA E NOSA E NON DE REGANOSA !

Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Mehá"
______________

Um comentário:

canariodopenedo disse...

Os veciños protestaron no mitin de ZP na Fonsagrada

Unha representación dos veciños que permanecen encerrados no Concello de Mugardos viaxou ata a localidade da Fonsagrada (Lugo), onde estaba previsto que o presidente do Goberno central, José Luis Rodríguez Zapatero, protagonizase unha comida-mitin do PSOE.
O Comité Cidadán de Emerxencia aclarou que o seu obxectivo é que o presidente do Goberno español tome conciencia, coa súa presenza, "dos perigos a que ten exposta á poboación que vive na ría de Ferrol".

Completouse o efecto mediático coa presenza duns 50 veciños de Mugardos, que foron en autobús á Fonsagrada para recibir a José Luís Rodríguez Zapatero nos exteriores do Polideportivo Municipal, onde entregaron uns 300 exemplares do boletín nº 13 e exhibiron pancartas que foron vistas polo Presidente do Goberno, a cuia mesa chegou dito boletín nº 13, de mans do Subdelegado do Goberno na Coruña e do Senador Luís Angel Lago Lage que se entrevistaron con Luz Mariña Torrente, Presidenta e representante dos veciños de Mugardos encerrados na o casa do Concello.

Cando Zapatero saleu no coche atopouse cunha pancarta próxima e saudou aos seus portadores. Antes portavoces do seu garda persoal achegáronse a Luz Mariña Torrente para dicirlle que Zapatero tiña no seu poder o Boletín nº 13 e que o estaba lendo.


Da web da Asociación Cultural Fuco Buxán